Consejos y avisos

24/11/09

O comezo

Cando a miña amiga Reme Fitera, prestoume esta fotografía, pásome totalmente inadvertida; viña acompañada de moitos recordos, o seu pai, amigos, festas, rúas, demasiada información para asimilala nun momento; é por iso, que aos poucos, revísoas, e teño que dicirvos, que sempre atopo algo novo.
Esta imaxe de hoxe, espero que a moitos tráiavos bos recordos.
Se vos fixades no cartel do primeiro andar, descubriredes un nome de grato recordo para moitos Ourensáns, Don Juan Raposo, a primeira cara que moitos de nós vimos; aínda que o momento non era apropiado para presentacións, e a memoria do novo cidadán, posiblemente non alcance a lembralo, el era quen con agarimo e moita profesionalidade, botábanos esa primeira man, que sempre se precisa. (outro día cunha imaxe súa, falareivos del).
O resto da fotografía, permite gozar detalles como o do señor garda municipal ca sua elegante e protectora "bacinilla", o garaxe Americano, concesionario de Dodge e Austin, A Unión Cristaleira, e como non, unha das magnificas carrozas de Don Federico Alonso Martínez Risco.
Para os descoidados, ou moi novos, que non recoñezan a esquina, falamos do cruzamento das rúas Curros Enríquez con Habana, enfronte á Torre, o Sila (hoxe penso que se chama Princess), e Adolfo Domínguez.

No hay comentarios: