Consejos y avisos

30/10/09

Fútbol dos 50

Levaba tempo sen traer ao blogue imaxes futboleiras, pero revisando fotografías, en busca dalgunha que ilustre unha entrada do Seminario, entre as que me prestou o meu amigo Andrés Iglesias, atopei esta bonita imaxe.
O marxe de poder verse o edificio do Seminario, só a falta de remates, (faltábanlle fiestras na planta superior, o cal fai que se poida datar a fotografía, aproximadamente entre o 1952, e o 1953); temos en primeiro plano aos aguerridos xogadores do A.D. Couto.
Varios detalles chámanme a atención, e fanme pensar que este equipo, mais parecíase ao Alcorcón, que ao Real Madrid (non vai con segundas); se vos fixades na indumentaria, as camisetas, non debían de ser suficientes para todos, xa que un dos xogadores aparece a peito aberto, ("ai esso si", tentando ocultarse detrás do grupo), e outro cunha camiseta diferente; no tema pantalóns, a escaseza xa era maior, podedes ver que se alternan as cores case por igual; outro detalle moi significativo, tédelo no centro da imaxe, ademais dá a impresión de que xa se colocaron así á mantenta, o cuarto de pé pola esquerda, loce unha tirita na cella, ao seu lado un compañeiro, a modo de cinta de pelo, leva unha vendaxe, e o seguinte polo si ou polo non, xa vai xogar con casco (boina).
Pra rematar, fixarvos no que supoño, é masaxista ou utillero, (non o teño claro), a fúnda é de mecánico, e as "pantuflas" que gasta a pesar de ser un marabilloso invento que perdurou no tempo, non creo que desen bo resultado os días de choiva.
Bromas aparte, un cariñoso saúdo o amigo Andrés e a súa dona, que andan estes días preocupados con asuntos de saúde.

No hay comentarios: