Consejos y avisos

Este viernes dia 15 y hasta el dia 8 de enero comienza el periodo navideño en OurensenoTempo y Ovrense. Durante esos días al margen de alguna posible sorpresa, solamente tendréis las publicaciones en el diario La Región (los sábados) y el primer domingo de enero en el suplemento Gente Mayor, así como mi colaboración habitual en el especial Nochebuena.
A TODOS MIS AMIGOS Y LECTORES
FELIZ NAVIDAD

Mail ourensenotempo@hotmail.com

20/10/09

El Cortijo

Cando me deixaron esta fotografía, só fáltoume chorar, e é que non sei vós que recordos tedes deste local, pero os meus asegúrovos que son moi doces.
Pido desculpas aos seus propietarios, e aos que esperabades datos do edificio, pero hoxe non toca (non sei quen dicía iso).
A imaxe corresponde a unha época, na que eu só entraba e saía do local, desde o cristal da barra-neveira, pedía o meu "soft" (como anos despois souben que se chamaba), aínda que a frase real, era: "deáme un de nata da maquina", iso, acompañado do importe, e eiquí viña o problema, cando a economía era precaria, cousa moi habitual, tiñas que conformarche cun de 10 ó 15, e neses, o cucurucho era de "palla", ahhhh!!!, pero cando tiñas cinco pesos e pedias o de 25 co seu barquillo, iso era un autentico pracer, aínda que tamén é certo que no momento que o xentil camareiro, (amigos en certas épocas), entregábache ese prezado artigo, comezaba unha carreira contra o tempo (sempre perdida), para que non acabase "escurruchando", (goteando) o prezado xeado no pantalón.
Anos despois, cando logo de duras batallas entre o Concello e os comerciantes da zona peonalizouse a rúa, descubrín a terraza; e con ela outros pequenos ou grandes praceres, segundo o día. Non sei se todos compartiredes comigo o gusto polos xeados, pero para os que non o coñecestes, direivos que tiñan unha copa especial, chamada "Copa Galicia", (nada que ver coas que organiza a Xunta), nove bólas de xeado ao gusto, regadas con nata e siropes varios, e por iso da dieta saudable, adornada con froitas variadas. Agora que o penso, aínda que eu nunca lle notei cheiro algún, debía emanar algún tipo de efluvio atrayente porque era deixala o bo do "Pereira" enriba da mesa, e a non tardar aparecer pola rúa do Paseo algún parente ou amigo sen présa, disposto a reclamar unha culleriña de apoio, e botarme unha man en aras do coidado da miña saúde, e o meu tipito.
Outro día seguirei, que agora mesmo teño que facer un recado cerca do parque do San Lazaro urxentemente.
Sempre nos quedara o Fri-flan da Ibense.

No hay comentarios: