Consejos y avisos

Os recomiendo visitar los dos blogs, ya que a partir de ahora los días que haya entrada en www.Ourensenotempo.com no la habrá en http://ovrense.blogspot.com y viceversa.

Mail ourensenotempo@hotmail.com

1/9/09

A solución

Xa, xa o sei, o que despistaba era o estreito que se via, o cruce, pero e que as duas primeiras imaxes correspondian a epoca anterior a apertura da rúa de Xoan XXIII, (a Diagonal).
Nesta terceira imaxe, non e que quede todo claro, pero xa se ve o comezo desa rúa, o edificio da esquina, é onde esta hoxe a tenda do Sr Bermello, e a cafeteria Montgre, noutras palabras o edificio Cantón, na Praza dos Alfereces Provisionales, onde esta a estatua de San Rosendo, vamos!, liome eu só.
Xa vos porei mais imaxes da esquina desta época, na que se ve mais clariño.
O detalle do anaco de cartel da Farmacia Bouzo, coido que foi o que rematou de abrirvos os ollos; de paso que vos agradezco a todos a vosa participación, quero resaltar o amigo Carrión, o cal co seu espiritu colaborador, non só deu a resposta senon que a acompañou dunha serie de datos que coido vos gustara leer, eiqui vola poño, supoño que non lle parecera mal, pero eu penso que esta moi ben, tal e como esta, (incluindo a entrada):
"Mandacarallo!!!! Eu, daquela, non existía!!!,
pero por lóxica, na colocada primeiro no tempo entendendo que debe ser a actual rúa progreso intersección con Concordia.
E digo iso por un detalle que sempre me chamou a atención: o muro-muralla que se ve en primeiro termo, á esquerda, xunto por onde camiña toda esa xente.
Ese debe ser o muro do edificio que acolleu á clínica de Guitián e que no baixo está unha ferraxería, muro ademais que gardará anos despois á gasoliñeira de Rumbao.
Logo, cando vexo a foto de hoxe, con ese "ACIA UZO" só houbo que engadirlle ao rótulo "farm- bo-" e entón, voilà! realmente estamos falando do Progreso-Concordia antes da construcción da Diagonal.
Se non me equivoco e por diversas referencias, esa esquina era a Confianza (no Progreso), unha fonda con habitacións nas que tamén se vendían billetes para os coches de liña que saían dalí mesmo e que se gardaban ao comezo de Concordia, coches que ían, entre outros destinos, a Vilamarín.
Á beira da Confianza había un lugar de venda de sal. Non si?".
Pois de acordo en todo Carrión, somentes esqueziches o bar de enfrente, o Bar Deportivo, onde todolos ourensans acudían as tardes de domingo pra enterarse dos resultados do fútbol; teño a dubida de si foi o doutor Guitian quen tivo a clinica nese edificio, o que si teño seguro e que nel estivo a do Doutor Soto Velasco, (de non moi bo recordo pras miñas amigdalas); ah, na proxima fotografía tentarei que se vexa un anaco a lo menos do Mesón do Roxo, onde os esmorguistas acudiron na suas andainas.
Os que non entendades esta entrada botarlle unha ollada as dos días 25 e 21 de Agosto.

No hay comentarios: