Consejos y avisos

Os recomiendo visitar los dos blogs, ya que a partir de ahora los días que haya entrada en www.Ourensenotempo.com no la habrá en http://ovrense.blogspot.com y viceversa.

Mail ourensenotempo@hotmail.com

30/9/09

O bosque dos Salesianos

Varios dos meus amigos e colaboradores, faláronme desa masa forestal, que se ve á esquerda na fotografía, pero dous dos comentarios son os que máis me chamaron a atención.
É verdade que entre un e outro dos meus amigos, distan máis de vinte anos de perspectiva, pero sen dar nomes, vou repetir os seus comentarios para que vexades o diferentes que poden ser os lugares para unha persoa ou outra, en función de ...
O primeiro dos meus amigos (desde fai moito tempo cobra do estado, pero é un traballador incansable na "bolsa", o do "banco" xa lle vai menos ), é en verdade unha gran persoa (en todolos sentidos); pois ben , el contábame que en épocas pasadas, cando aínda ensinaba perna; con moita frecuencia víase obrigado a intentar bater un record de velocidade, a distancia era marcada polos seos "amiguiños", e tiña a saída nos arredores da catedral, (unha casa que por alí había e era utilizada por certo grupo xuvenil con adscricións políticas), a meta xa era outro cantar, el querería poder facer uns poucos metros logo de cruzar a ponte maior, pero por desgraza o aceite de ricino que os seus "amiguiños" obrigábanlle a inxerir en cantidades pouco recetables, obrigaba ao meu bo amigo a realizar unha parada entre os arbores desa selva, iso si cando chegaba ata aí, que non era sempre.
É por iso que mentres seguiu existindo, cada vez que tiña que pasar pola zona os seus recordos non eran moi agradables.
A historia do meu segundo amigo, bastante máis novo, aínda que tamén cobra xa do estado, fálanos de apaixonantes xogos infantís entre aquela natureza case salvaxe, en ocasións , perigosos intentos de emular a Jhonny Weissmuller, coas lianas, e primeiras conversacións con mozas, segundo di el.
Para J.L. desde logo que esa zona foi unha pena que desaparecese.
Na fotografía tamén marquei un par de cousas que merecen a vosa atención,
.-O rañaceos de Orense, que xa saiu noutras ocasións, pero nesta vese que cando se levantou, marcaba o sky-line ourensán,
.- O noviño complexo hospitalario, que podiamos ver orfo de compañía.
.- A imaxe das tres pontes facendose compañia dende facia pouco tempo
.- E mirando con calma, a antiga estación de Vicente Risco, xa sen uso, pero aínda en pé.
A fotografía é de comezos dos sesenta.

No hay comentarios: