Consejos y avisos

Os recomiendo visitar los dos blogs, ya que a partir de ahora los días que haya entrada en www.Ourensenotempo.com no la habrá en http://ovrense.blogspot.com y viceversa.

Mail ourensenotempo@hotmail.com

21/9/09

A Ermida do San Lazaro (fusión)

Esta é a terceira imaxe que vos mostro desta ermida, esoutro día pediume unha amiga e colaboradora, que lle mostrase a súa localización orixinal no parque, e estando nas miñas mans facelo, cumpro a petición.
A fotografía mostra o Parque ao redor do 1926, e como vedes foi pouco o que mudou, loxicamente e por iso poño a fotografía, a capela do San Lázaro aínda non comezara a súa viaxe ata Peliquín, falta o monumento de Asorey na entrada , xa que habería que esperar máis de 20 aniños pra velo no seu sitio actual, tampouco fixera o seu traslado a igrexa dos franciscanos, aínda que esa si que estaba ao caer.
O edificio onde ata fai moi pouquiño elaborábanse ricos petit choux (petisúes) aínda estaba en proxecto (Confeitería Ramos pra os despistados) e tampouco existían os que se aliñaban con el neste lateral do Parque.
Pola parte superior non teño datos fidedignos, pero penso que non se parecía moito ao estado actual, non creo que estivese feito ningún dos edificios que coñecemos hoxe.
E pola parte de abaixo, aínda que non se ve, houbo que esperar ao ano 1948 para poder ver o actual Goberno civil.
Como dicía ao principio, pouco cambiou, (ah esquecíalleme agora de terra o que queda é un pequeno arenero infantil, o resto é de baldosa), como vedes as escaleiras xa estaban, e pode ser que algunha árbore (dubídoo), en breve cumpra os cen.
Agardo que collades o tono ironico da entrada.
Por certo despístanme, as campás que se ven ao fondo, non me encaixa que sexan as da igrexa dos franciscanos, que poderían ser?

Amplíovos este anaco da imaxe, para que podades ver un pouco mellor ao señor que observa o xogo dos nenos, quen supoño será o propietario da máquina fotográfica que tedes na esquina, agardando clientes, era das do paxariño.

Eu non son capaz de recoñecelo, se vós podedes, dicídemo, grazas por anticipado.

O de fusión no titulo, explícase porque realmente o que estades vendo é a fusión de dúas fotografías; non moi profesional, pero dá o pego, ou non?

No hay comentarios: