Consejos y avisos

31/8/09

Pequena Historia Fotografica Ourensana I


Ao fío da entrada anterior, e grazas en moitos casos ás correccións que me fixestes vós, aos poucos intentarei configurar unha pequena historia da fotografía, mellor dito dos fotógrafos en Ourense, para iso, xunto a novas entradas, retomarei algunha das xa feitas, ás que lle farei as oportunas correccións, (repito en moitos casos grazas ás vosas achegas), polo cal pregovos encarecidamente que se vedes un dato erróneo, ou con interrogante e sabedes algo sobre el, comuniquédesmo.
Gervasio Alonso Montenegro, (aprox. 1858)
Desprazábase dende Pontevedra, a realizar traballos nesta cidade, ("A fotografía na revista Vida Galega. Un silandeiro universo do sentido.", escrito por Ribao Fernández, Roberto), sabemos del, que posteriormente abriu estudo en Jerez de la Frontera (1867-70), Rúa Longa 15, e serviu de mestre a Diego González Lozano, prestixioso fotógrafo de Xerez.
E para continuar, o primeiro do que si teño fotografías.
Eugenio Mora 1870 ?,
Fotógrafo Coruñés, non sei se tivo estudo fixo na cidade, pero se está probado que realizou traballos con membrete "Eugenio Mora Orense" (fotografía superior)


No hay comentarios: