Consejos y avisos

12/8/09

Amador Villar Amor II

Segunda obra que vos poño de don Amador Villar, lédea con calma, e se nos vos provoca un sorriso, facédemo saber.
Os datos que eu tiña de don Amador, formaron na miña mente a idea de que se trataba dunha persoa, seria, ensimismada, e introvertida, aos poucos e sobre todo coa lectura das obras que caeron nas miñas mans, estase transformando, nun autentico Galego, a sua retranca, podería definir perfectamente o estereotipo do Galego.
Eiqui vola deixo.

A misa d´ alba Maria
Foi tan cedo certo día
Que soilá no adro se víu
Mais enton ganas sintíu
D´unha cousa qu a oprímia.

Mirou prós arrededores,
E con perdón dos leutores,
Levantando as suas enaugas
Dispúsoxe á facer augas
Xa maores xa menores

Y asín mirando pr´ô ceo
Poñendo a boca moi torta
Alí pretiño da porta
Deixou María o que creo
Nomear eiquí non importa

Chegou a xente, y-o crego
Vendo aquelo de ira cego
Berrou: Me caso con Dios!
¿ Quén fixo esto d´entre vos?
¡Coiro! ¡si a sabelo chego!

Mais é facile saber
Qu é d´unha porca muller,
De porco becerro ou boy
Non, d´home sei que non foi.
De femia tivo que ser!
E sinon fixaivos ben:
o sóledo está mollado
polo lequedo afondado´

Ergo está iste Belen
Ben craramente expricado
O crego tiña aires de Crissom a lo que semella, e soubo raudo que era de femia; loxico, os homes mexan as paredes, e as bestas fan mais afondado o buraco.

No hay comentarios: