Consejos y avisos

Llega la Semana Santa y con ella un nuevo periodo de descanso en los blogs OVRENSE y Ourensenotempo. Sera desde el viernes 7 hasta el jueves 20. Disfrutad de estos dias, y si no vais a viajar aprovechad para descubrir "nuevos" rincones de nuestro Ourense.

Os recomiendo visitar los dos blogs, ya que a partir de ahora los días que haya entrada en www.Ourensenotempo.com no la habrá en http://ovrense.blogspot.com y viceversa.

Mail ourensenotempo@hotmail.com

31/8/09

Pequena Historia Fotografica Ourensana I


Ao fío da entrada anterior, e grazas en moitos casos ás correccións que me fixestes vós, aos poucos intentarei configurar unha pequena historia da fotografía, mellor dito dos fotógrafos en Ourense, para iso, xunto a novas entradas, retomarei algunha das xa feitas, ás que lle farei as oportunas correccións, (repito en moitos casos grazas ás vosas achegas), polo cal pregovos encarecidamente que se vedes un dato erróneo, ou con interrogante e sabedes algo sobre el, comuniquédesmo.
Gervasio Alonso Montenegro, (aprox. 1858)
Desprazábase dende Pontevedra, a realizar traballos nesta cidade, ("A fotografía na revista Vida Galega. Un silandeiro universo do sentido.", escrito por Ribao Fernández, Roberto), sabemos del, que posteriormente abriu estudo en Jerez de la Frontera (1867-70), Rúa Longa 15, e serviu de mestre a Diego González Lozano, prestixioso fotógrafo de Xerez.
E para continuar, o primeiro do que si teño fotografías.
Eugenio Mora 1870 ?,
Fotógrafo Coruñés, non sei se tivo estudo fixo na cidade, pero se está probado que realizou traballos con membrete "Eugenio Mora Orense" (fotografía superior)


Foto Mazaira

O amigo Lisardo Mazaira, de seguro que recordara esta rúa, mais que nada porque nela estiveron os seus pais bastante tempo co negocio, despois de abandonar a Barronca da Alameda, e il por ali andaria tamén.
Tedes que ollar a imaxe con atención, xa que o carteliño que avisa da presencia do estudo fotografíco, non se ve moi ben, tedelo no portal seguinte o Hotel Barcelona, xusto o caron da entrada do Orfeón.
A fotografía e dos anos 60, e non sei o motivo de non estar as letras no edificio Junquera, da Caixa de Aforros Provincial de Ourense, estarian a facer un cartel novo?.
Grazas Lisardo

30/8/09

Panxón


Non queria que rematara o mes, sen poñer algunha imaxe, doutra das colonias veraniegas dos ourensans, Panxón, (outro ano falaremos das da zoa Pontevedresa, que tamén sufrenos nestas datas).

A fotografía coma outras e das que lle temos que agradezer a Don Santiago Mosquera, a aparte de mostrar unha escea familiar, deixa ver no fondo, a torre da fermosa Igrexia dese pobo, pero que sea el mesmo quen vos comente un pouco a imaxe.

"Está tomada diante da casiña que tiñan meus pais, concretamente no veran do 39, e pódese ver a torre dun recentemente construído templo votivo, obra do xenial porriñés Antonio Palacios".

29/8/09

Coido que Pacheco?? Jaime y Gil

Teñovos falado da miña fascinación polas fotografías antigas, neste caso mostrovos esta, ca idea de ver si algun de vos ten algunha semellante, e sabe quen e con seguridad o autor, pola miña parte, penso que poidera ser o Sr. Pacheco, pero por diante non o pon, e na traseira di que o estudo estaba ubicado na rúa do Alba 18, Pacheco coido que estuvo no 9 e no 13.
Se podedes botademe unha man, grazas.
David Paz Novoa, (blog http://madialevo.blogspot.com ), enviame este mail, que coido non debe agardar a ser publicado, xa que aporta a solución a miña dubida, a mais de darme un dato do que eu carecia, eu fun dos enganados polo anuncio de fusion entre Don Jaime Pacheco e Don Jose Gil, pra evitar este tipo de problemas farei estes días unha entrada con un pequeno resumen dos datos que teño da fotografía en Auria, de seguro que moitos de vos tedes datos que me podan axudar a completala.
Moitisimas grazas a David, pola axuda.
Eiqui tedes o mail.
Segundo os meus datos (sacados de El Eco de Orense), no outono de 1899 os fotógrafos Jaime Pacheco e José Gil formaron unha sociedade que se estableceu no número 18 da rúa de Alba, onde xa Gil debía ter o seu negocio.
José Pacheco, irmán de Jaime, mantiña o seu taller no número 9 e decidiu publicar na prensa un anuncio para evitar confusións, sobre todo pola coincidencia das iniciais entre os dous irmáns. Reproduzo parte dese aviso:
AL PÚBLICO
Ha circulado por esta capital un prospecto anunciando que habían constituido una compañía industrial los fotógrafos J. Pacheco y J. Gil.
Como el anuncio redactado en esta forma puede dar origen a creer que se trata de mi taller fotográfico, hago constar que no he constituido compañia con nadie, que continúo solo al frente de la Fotografía Artística, establecida en la calle de Alba, número 9.

28/8/09

Comezan as ligas deportivas

Comezan esta fin de semana as ligas deportivas, no caso do basket, ainda teremos que agardar un pouquiño, pero pra lembralo deixovos hoxe estas imaxes.
A do futbol corresponde a unha fotografía de Bouzo, e tratase dun historico A.D. Couto posando no seu campo "O Burgas", cedida por Don Silvio Pérez.
E a do Basket tratase do equipo Gimnastico dos anos 70, cedida por Vicente Santos García (Nino).
Algunha faciana coñecida tedes por hai, pero hoxe non se trata de eso, o asunto e desexarlle sorte a todolos equipos e de todalas categorias da cidade, traballo, humildade e compromiso son as premisas necesarias pra gañar.
Sorte a todos

27/8/09

Santo Domingo

Desde que no ano 1607, Don Domingo Araujo, fai o legado preciso pra levantar un convento dos Dominicos, na cidade, houbo que agardar ata o 1666, pra ver practicamente rematada a construcción.
Eiqui tedes a fachada do convento, cara a rúa da Concordia (Cap. Eloy), no ano 1887 cando acollia nas suas instalacions a Escola normal de Maestras, logo do periodo desamortizador (1835), a as varias vicisitudes que pasou este edificio.
Noutras entradas achegareivos mais datos, ainda que podedes leer un magnifico traballo do tema, feito por Don Vicente Risco ca colaboura de dona Olga Gallego, e publicado no Boletín da Comisión (Tomo XIX anos 1957-58 pag 203....).
Nota adicional:
Si, ese era o edificio que habia antes onde hoxe esta o de Facenda; fago a aclaración, porque me chegaron xa dous mails, facendo a pregunta.

26/8/09

A Biblioteca Provincial nos seus primeiros anos

Fotografía retocada do salón de lectura da biblioteca cas magnificas estanterias de Nogal, que se queimou o ano 1927, publicada no Boletín da Comisión Provincial de Monumentos H y A de Orense

Esta entrada la he actualizado con fecha 6 de mayo de 2013, para corregir y ampliar algunos datos que contenía.

25/8/09

Do exercicio do Venres

Ides ter que disculpar, que non poña a solución hoxe, pero e que entre as poucas respostas que recibín (certo e que nestas datas a media de lectores diarios, non pasa moito dos trinta), e que sorprendentemente case que todas erradas, decidin poñer esta outra imaxe da misma zoa, e case feita dende o mesmo punto, nesta tedes un anaco dun cartel, que vos dara case que a resposta, pero por si es caso, o martes que ven poreivos outra imaxe mais clarificadora, coa resposta.
O mail xa o sabedes, rafasalgado586@hotmail.com

24/8/09

Os xardinillos do Padre Feijoo

Non hai Ourensán que non coñeza esta praza, e a súa estatua, a novidade, está en descubrir, que cando se fixo a praza, as escaleiras que hoxe forman a entrada principal non existían.
Ao non ter a postal física, non podo dicirvos que editor a saco ao mercado, pero pola época, puidese ser de Hausser, ou Thomas, de todolos xeitos quen sexa fíxonos un bonito agasallo.

23/8/09

As rubias do Café Moderno

Xa fai tempo que o amigo Alfonso do Rego (non sei se estara ben escrito), envioume as duas caras desta moeda, de certo non sei a utilidade que terian, penso que non era mais que un xeito de publicidade; pero o que si me lembran e da cantidade de cousiñas e recordos que temos polas nosas casas, e de seguro algun xeito habera de sacalas de novo a relucir, eu non seria quen de facelo fisicamente, pero si me enviades a imaxe, sabedes que en canto poda publicareinas pra que as podamos ollar todos.
Pra os despistados, recordovos que O Moderno non estaba na Praza de Paz Novoa, senon na rúa Paz Novoa, (actual rúa do Paseo).

22/8/09

A Concheira nos 50 (Baiona)

Tedes que "disimular" esta pequena broma, que ainda por riba, a causa de un fallo tecnico, saiu sen comentario, agora xa non procede poñelo, pero o que si teño que facer e decirvos que a fotografía non esta ben datada, trabuqueime nunhos aniños, esta tomada o día 9 de Agosto do 2009.
O comentario facedelo vos.

21/8/09

Outro exercicio

Xa sei que as datas non son as mellores, pra andar con traballos, pero e que a mín tampouco me sobra o tempo, así que hoxe deixovos esta imaxe dos anos 50 dun cruce harto coñecido por todos nos, pero que algún ainda vai ter que darlle voltas pra decatarse de cal e, as respostas o meu mail
rafasalgado586@hotmail.com , e a solución con outra imaxe do mesmo recuncho, o martes.

20/8/09

Otto Bodmer, Reloxeria Suiza

Das moitas cousas que descoñecia desta nosa cidade, esta era unha delas.
Xoieros artesans, ainda hoxe en día podemolos atopar pola vila, pero un reloxero suizo, que traballara na cidade, eso si que e todo un luxo; non sei cando arribou a Ourense, o señor Otto Bodmer, somentes me consta, que no ano 1911 tiña aberto o seu taller e tenda na rua do Instituto, (Lamas Carvajal), ese que tedes enriba, e o logo que tiña na entrada da sua tenda, e a fotografía que tedes abaixo, e dun dos reloxes feitos artesanalmente por il, e ainda agora segue a dar as horas.
Non o podo afirmar, pero nas datas debeu coincidir ca reloxeria Portuguesa, (da cal anda pola rede unha fermosa fotografía), que tamen sei que estivo nesa rúa instalada, dalgun xeito poidera ser que tiveran relación, o mesmo que o detalle de que ainda hoxe existe na cidade unha xoieria con ese nome, na rúa de Lepanto, penso que pechou, pero coido que nas galerias Xesta ainda esta unha con ese nome, "Xoieria Suiza", os poucos irei atopando mais datos.

19/8/09

O Perniñas III (Marcelo Macias)

Xa sei que nas anteriores entradas do amigo Perniñas, aparecia a sua imaxe, neste caso preferin poñer esta de don Marcelo, que foi a que acompañou, no Boletín da Comisión, (cando fale desta publicación referireime a ela, con esta denominación, xa que poñer o nome enteiro e un gran traballo, "Boletín de la Comisión Provincial de Monumentos Históricos y Artísticos de Orense", disculpade a miña vagancia), unha perfecta descripción deste Astorgano, Ourensán de adopción, feita co estilo do Perniñas, e que serviu de prologo a unha biografía del, feita por Don Ramón, na devandita publicación, o ano 1944, (tomo XIV, ano 1943-1944).

18/8/09

Proxecto de reforma da praza do San Martiño

A maioria de nos pensó que descoñeciamos este proxecto, que no ano 1928 se publicaba no "Boletín da Comisión Provincial de Monumentos".
O Bispo Cerviño tentou dar brillantez a fachada principal da nosa catedral, o proxecto era ambicioso, e supuña o derrube de varios edificios cicundantes da zoa, pero poidera ser que pagara a pena.
Co paso dos anos e como e evidente sen levar a cabo ise magno proxecto, a situación mudou sustancialmente, hoxe as escalinatas están feitas, pero pensó que sin ter una idea de continuidade dun proxecto semellante, que engrandezera un dos nosos mais representativos monumentos.
Poreivos en breve outras imaxes desta proxectada reforma.

17/8/09

Non seria Chinchón

Confeso a miña debilidade, polo anis, e o licor café, o segundo tento evitalo, porque segundo dín os entendidos, e adictivo, (porque sera que todo o que gusta ou fai dano , ou e vicio).
O que non sabia e que nesta cidade, tivemos un fabricante deste brevaxe, o que non atope foi nada mais queste anuncio publicitario, nin sei quen era M. Gomez, nin onde tiña a sua destileria, pra darvos algún dato, o anuncio e do ano 1947, se alguén ten algunha botelliña, aceptanse donacions, grazas de anticipo.

16/8/09

Estereotipo?

No ano 1905 a editorial Calleja fixo unha colleita de imaxes de personaxes comicos; na adicada a Ourense esta é a que se publicou.
Opinade vos, pero pra mín, non foi moi acertada, o traxe da Maruxa ainda mais ou menos esta ben, pero o do Manoliño, mais semella un gorro e chaqueta Cordobes que Galego, (por non falar do chaleco floreado), pero repito opinade vós.

15/8/09

San Benitiño

Faleivos da sua faceta, de facedor de santos, na entrada do celebre Xan da Coba; esta é a imaxen que fixo do San Benito, pra venerar na parroquia de Santa Eufemia, onde si non me trabuco ainda ten que estar. (dende logo pouco sei de imaxineria, pero coido que non ten porque desmerecer de obras de mestres de mais sona).
A fotografía corresponde a unha publicación do ano 1931, e ainda que non o podo asegurar, o fotografo poidera ser don Leopoldo Villar (Foto Villar).
Don Xan era dende logo unha personaxe singular, pero na sua epoca non eran poucos os que se poidan cualificar coma tal, velai o amigo Paco Roque, ou o "Bastón" do Sr. Gayón, perdón, o Sr. Gayón co seu bastón, ou como non o gran Benito Mateos, homes dos que os poucos tentarei darvos algun dato, pra que vos fagades unha idea.

14/8/09

O Parque

O noso parque de San Lazaro, non e sinxelo recoñecelo, nas fotografías de comezos do século pasado, gracias o Sr. Pacheco, podemos lembrar como era, nos tempos que acollia a feira mensual, desgrazadamente non existian os aparellos de fotografía, cando era campo da forca, contentemonos co que temos, (teria que ser así en todolos termos da vida, pero....).
A imaxen non vos sera sinxelo ubicala, pero se vos digo que as rapazas estan mais ou menos situadas, onde ata fai moi pouquiño vendian, soños de nenos, axudaravos un pouco, pero bo, millor deixarse de lerias, e digovolo, as nenas estan na esquina do parque con Cardeal Quevedo.
Magoa que a familia non houbera mercado esas leiras, quen de vos non pensa o mesmo?.
Ahhhh claro, os que as mercaron, non?

13/8/09

A praia de Oira

Imaxe veraniega cedida por Don Amador Rego.
Pra aplacar os rigores do veran, nada millor que a praia; nestes días xa saiu en varias ocasions pero e que estamos no seu momento.
Non sei a data na que foi obtida, pero penso que ten que ser dos primeiros anos das piscinas, o que chama a atención e a estructura que se montou pra dar sombra.

12/8/09

Amador Villar Amor II

Segunda obra que vos poño de don Amador Villar, lédea con calma, e se nos vos provoca un sorriso, facédemo saber.
Os datos que eu tiña de don Amador, formaron na miña mente a idea de que se trataba dunha persoa, seria, ensimismada, e introvertida, aos poucos e sobre todo coa lectura das obras que caeron nas miñas mans, estase transformando, nun autentico Galego, a sua retranca, podería definir perfectamente o estereotipo do Galego.
Eiqui vola deixo.

A misa d´ alba Maria
Foi tan cedo certo día
Que soilá no adro se víu
Mais enton ganas sintíu
D´unha cousa qu a oprímia.

Mirou prós arrededores,
E con perdón dos leutores,
Levantando as suas enaugas
Dispúsoxe á facer augas
Xa maores xa menores

Y asín mirando pr´ô ceo
Poñendo a boca moi torta
Alí pretiño da porta
Deixou María o que creo
Nomear eiquí non importa

Chegou a xente, y-o crego
Vendo aquelo de ira cego
Berrou: Me caso con Dios!
¿ Quén fixo esto d´entre vos?
¡Coiro! ¡si a sabelo chego!

Mais é facile saber
Qu é d´unha porca muller,
De porco becerro ou boy
Non, d´home sei que non foi.
De femia tivo que ser!
E sinon fixaivos ben:
o sóledo está mollado
polo lequedo afondado´

Ergo está iste Belen
Ben craramente expricado
O crego tiña aires de Crissom a lo que semella, e soubo raudo que era de femia; loxico, os homes mexan as paredes, e as bestas fan mais afondado o buraco.

11/8/09

A ver si vos?

Remiteme Don Santiago esta imaxe, da sua familia, e comentame que non ten claro onde foi obtida, segundo di il poidera ser diante do edificio Simeón, eu non o vexo, e de primeira intención, situeina erroneamente diante do Carcere de Progreso, hoxe teño incluso dubidas, se realmente foi obtida en Ourense, pero a ver si vos podedes votar unha man.
Traballade un pouquiño, que o verán e momento propicio pra estes menesteres lixeiros, tentade dosificar a ración de raios uva, que a pel ten que ir os poucos rexenerandose.

10/8/09

O Perniñas II (Milucho Amor)

O ingenio de Don Antonio estaba presente en todalas celebracions e actos sociais da cidade, neste caso tratabase dun casamento, disfrutade o sinxelo estilo do noso bardo.

Ando a buscar estes días, datos de don Juan Manuel Amor Pereira 1841-1911, (entre outras ocupacions e feitos, director da Biblioteca Provincial, nos seos primeiros tempos), e pouco teño atopado, o amigo Perniñas, evidentemente foi amigo do seu neto, e o día do seu casamento, dedicoulle estes versos, no ano 1944.
Se algún de vos pode votar unha man cos datos estarialle agradecido.

9/8/09

Hotel Barcelona

Cada día aprendes algo novo, de sempre coñecín iste hotel como Barcelona, e agora que desapareceu, enterome que nos comezos era Barcelonesa, e visto o anuncio, tiña relación co Suizo de Ferrol.
Somentes estou seguro de que a fachada por loxica, fanlla respetar, o destino que lle van dar o edificio, non teño claro cal vai ser, coido que anda unha entidad bancaria polo medio.

8/8/09

A Rúa Velazquez

Xa non vos vou preguntar se sabedes que rúa e ista, porque volo estou a decir no título, a rúa Velazquez.
Dende logo non e das mais coñecidas, da cidade, pero ainda así, tivo e ten os seus acolitos; ata os anos sesenta, non poido gozar de asfaltado, ou millor dito, adoquinado, certo e que non era moi necesario, daquelas na rúa o atractivo principal era a serreria, e as caballerias e os camions que se acercaban por alí non tiñan moitos problemas en rodar por elas; a partir daquelas, comenzou a sua etapa de esplendor, e os poucos, e ca apertura de bares e bodegas, chegou a converterse, no que se chamaba os "viños do couto", as tardes de partido non eran poucos os ourensans, que pra celebrar o resultado do partido, (ou pra olvidalo o antes posible), quedaban a tomar uns viños na rúa, aínda hay quen lembra as empanadillas do Padre Pitillo, os chicharrons e as necoras do Entrimo, o xamon asado do...., (non quero deixar a ninguen sen nombrar, co cal deixoo eiqui), o que si recordan todolos parroquianos da epoca, era o bo viño de Alongos que servian en todolos negocios.
Grazas o amigo Suso Espada por deixarme estas fotografias.

7/8/09

Sen dubida

Hoxe pra conseguir que te rodeen tantas damas, seria preciso dispoñer dun Ferrari, ou algún vehiculo semellante, daquelas ahí tedes o millor vehiculo que había, o que mais me gusta dil, e a capota que luce, seica era un "descapotable".
Bromas a parte, esta e unha preciosa estampa costumista da epoca, coido que era de comezos do seculo XX.

6/8/09

4º Conto de Xullo Borrajo

Regresa o blogue, o amigo Xulio Borrajo, pra deleitarnos cunha nova historia das que acontecian na cidade naqueles tempos, gozadea, e redescubride a retranca Galega da que sempre fixemos gala neste terra.

Xa sabedes facede clik entriba da imaxen pra poder leelo.

5/8/09

Dirección prohibida

Deixoume esta imaxe o amigo Amador Rego, e sei que todos coñecedes iste "crux", pero ainda así penso que somentes ver ese vehiculo circulando en liberdade, xa paga a pena, eu non o lembro, pero debia ser ou de dobre sentido, o en sentido contrario o actual, a circulación na rúa Concordia.
A fotografía debe ser dos comezos dos 60, e os edificios pouco han mudado, o mais significativo, era que ainda estaba en pe o que acollia a consulta dun afamado dentista, Don Atilano, onde hoxe esta un banco, xa non sei cal; cando abriu era a Caja Postal, pero con tantas fusions e absorcions xa me perdín; por certo esta nestes días a caer o que albergou durante tempo a Academia Xesta, e a livraria Meiga, a ver o que fan, (caseque da igual, non?).

4/8/09

Amador Villar Amor I

Sabedes que considero de xustiza, dar as grazas cando recibes un bo trato; con esta entrada eso e o que quero facer.
Esoutro día cando fixen a presentación no blogue de Don Amador Villar, insinuei no remate da entrada, que seria pra mín un pracer, ter o livro que publicou Caixa Ourense, na honra dil; pois o caso e que xa a propia Caixanova, na persoa do seu direutor territorial Don Luis Aldemira Requejo, tivo a amabilidade de cederme un exemplar, cosa que con toda xustiza querolle agradecer.
E xa postos a agradecer, quero darlle tamén as grazas o amigo Amador Rego Villar Amor; sin a sua colaboura, non seria posible facer as entradas, que espero gozedes dos Irmáns Villar.
Hoxe traivos unha, coido que primicia; esta poesia de Don Amador Villar, feita a xeito de agradecemento (hoxe esta o día pra eso alo que semella), cara o direutor do "Heraldo de Madrid", Don Eugenio Lopez Aydillo, polos seus eloxios, logo de convencelo de que lle enviase algunha das súas poesías para publicala, (precisamente tratabase das frases que transcribín na outra entrada), se o leedes con atención, o millor coincidides conmigo, que mais de agradecemento, eran de protesta, Don Amador, non pecaba precisamente de afan de protagonismo.
facede clik enriba do texto pra que se faga mais grande.
Penso que se entende todo o texto de xeito correcto, a pesares de ser unha copia do manuscrito, o bo pulso e boa letra de Don Amador, fanno posible, se vedes que non o dades lido, enviademe un mail, e tentarei modificalo.

3/8/09

As canchas do Clube de Tenis

Sen buscalo, as entradas van un pouco "fiadas", (de fiar con fio, ainda que tamén son prestadas, que todo hay que decilo).
Esoutro día faleivos das casiñas do clube de tenis, e hoxe traivos unha fotografía das suas pistas, o interese o marxe de lembrar que no medio da cidade, tiñan a posibilidade de xogar a tenis, (hoxe seria mais complicado, ainda que algún patio de maza, non sei eu........), ven polo moneco que vedes no fondo, non sei se seria un resto dunha festa da sociedade, ou un proxecto de mascota do Clube; se alguen o sabe, que nos quite das tebras.

2/8/09

O Perniñas I (Prado Lameiro)

O verán é momento propicio para a lectura, por iso durante este mes ensinareivos pequenos textos, que agardo que vos resulten amenos, o que se serán é breves, (non é plan quedarse diante do ordenador moito tempo), con eles espero que podades coñecer un pouco mellor aos seus autores, descubriredes que non son os máis coñecidos, pero considero que ben merecen a vosa atención.
Hoxe tráiovos o primeiro dos que aparecerán de don Antonio García Novoa.
Trátase dunha carta versada, que no seu día enviou ao seu compañeiro de partida, Don Xavier Prado Lameiro, xunto ao cal gozaba invitando a café aos seus adversarios, a fin de explicar as causas polas cales ía deixar de practicar ese san costume, (seguramente debido ao celo que a amizade debe manter coa saúde), e o café en exceso xa se sabe....
Pero mellor que o conte o "Perniñas".

"En un café que hubo en la calle de Pereira, organizamos entre cuatro amigos, una partida de dominó para jugar diariamente el café de después de comer.
Echadas suertes por fichas, nos toco de compañeros a Javier Prado y a mí en contra de los otros dos; durante un mes o más, no conseguimos ganar casi nunca.
Entonces Lameiro dejó de jugar unos días, y al requerirlo para que volviese a la partida, propuso que nuevamente, se echasen suertes, volviendo a correspondernos a los dos en contra de los otros.
Y, nuevamente, volvimos a perder casi siempre durante otro mes.
En vista de esto, fui yo el que dijo que no jugaba mas, justificándolo con la siguiente carta a Lameiro".



Facede clik co rato no texto, e si nada saiu mal, ampliarase pra que o podades ler.

1/8/09

Praia America

Fotografía La Voz de Galicia

Hoxe tocalle a praia por excelencia dos ourensans, Praia America.

Non sei o que opinaredes vos, pero pola miña parte penso que temos que agradecer, que mais ou menos, se ten conservado co seu sabor orixinal; ten as "casiñas " que aparecen na imaxen (finais dos 50), xunto unhas cantas mais, e unha aberración, que nalgun momento encheu o peto de ..... , non sei se a vos ocurrevos o mesmo, pero e que chega un momento, no que canso de ver salvaxadas, xa de xeito inconsciente, o nivel de exixencia imolo baixando, pra que o entendades, pensade en Benidorm, e coincidiredes que esto e unha maravilla. ¡Magoa que o cabo xa teñamos que pensar así!.