Consejos y avisos

Llega la Semana Santa y con ella un nuevo periodo de descanso en los blogs OVRENSE y Ourensenotempo. Sera desde el viernes 7 hasta el jueves 20. Disfrutad de estos dias, y si no vais a viajar aprovechad para descubrir "nuevos" rincones de nuestro Ourense.

Os recomiendo visitar los dos blogs, ya que a partir de ahora los días que haya entrada en www.Ourensenotempo.com no la habrá en http://ovrense.blogspot.com y viceversa.

Mail ourensenotempo@hotmail.com

31/7/09

O Goberno Civil e o entorno

Moi semellante a esta, xa tedes outra imaxe no blogue, incluso pode que sea a mesma, o certo e que agora conseguin unha copia de millor calidade. O ano 57 este era o aspecto do Parque de San Lazaro, o clube de Tenis reunia a fror e nata da cidade, avidos de facer deporte, o Airiños e o campo dos Maristas deixaban paso a "A Diagonal", o bar Azul ainda servia os seus clientes, en fronte da futura Torre.
As casiñas que se ven detras do Goberno, ( e que xa apareceron mais veces no blogue), contanme (e non fun quen de confirmar), que se construiron pra dar servizo a feira xa que como sabedes, o San Lazaro en tempos, foi o Campo da Feira, logo seguiron dando servizo pra acoller a familias de agricultores que traballaban na cidade, algo así como xornaleiros, (non eran poucas as leiras que tiñan producción dentro da cidade, nalgunha fotografía das que xa estan no blogue, e mais que veredes; a beira do Barbaña, eran todo hortas e leiras, buscade no blogue a imaxen da Finca Najera, e veredes de que vos falo), logo unha parte desas edificacions converteuse no salón social do Clube de Tenis, e logo desas "caeron".

30/7/09

Regatas de remo no Miño

Estamos no verán, e o rio énchese de bañistas, e xente ansiosa por ligar bronce, e o que cadre, a min ocorréuseme, que con esa xa elevada presenza de xente, poderíase facer algo para achegar máis a cidade a ese rio que tan ben nos coida, e ao que nós históricamente tan mal tratamos.
Eu suscito a idea estival, e quen queira que a utilice, non cobrarei dereitos.
Como vedes na imaxe, as barcas que tiñamos antiguamente, e que tan bos servizos deron, tanto para a pesca, (quen diría que se podía vivir da pesca no Miño), como para o transporte de viaxeiros, de todas as especies, ("contan que nunha ocasión "O Porfirio", parecía unha vaca na proa da embarcación, pero ao ir achegándose á beira déronse conta de que non era el, se non que levaba unha vaca capitaneando o barco, a desgraza foi que mentres os veciños comentaban o erro, a capitá decidiu erguerse , para estirar as patas supoño, e de feito conseguiuno, a barca envorcou, e o pobre animal que ía atado non foi quen de nadar coas extremidades nesa tesitura, o carnicero ese día tivo que facer os filetes coas botas de pesco, pero seguro que non todo foi perdida, daquelas o fame era moita").
Xa se me foi a olla, o que eu quería dicir, e volvo á idea orixinal, é que se cadra sería unha boa idea rescatar esas antigas barcas, e organizar unha regata de beira a beira, ou de ponte a ponte, bo deixo as normas e o seu desenvolvemento a quen lle interese, a mín dende logo gustaríame velas, iso si o de remar non o levo ben, aparte do Alzheimer que os meus fillos din en ocasións que me empeza a afectar, (segundo eles teño problemas para recordar promesas e permisos), as miñas articulacions non están todo o diligentes que debesen, será a idade.......

29/7/09

O Auria




Algún dira que me repito, e certo e, iste edificio xa apareceu por eiqui, e recuncara se atopo mais imaxes dil, non en vano tivo no seu interior o local que marco unha epoca na cidade, A Sala De festas Auria.
Nesta fotografía que se publicou no ano 59, podemos velo rematada a construcción, de feito ainda non tiña na sua fachada o luminoso, (que seica ainda segue vivo), a marquesina como vedes xa naceu con il, e os locais comerciais estaban todos a espera dos seus inquilinos.
Hoxe non falarei deles, xa que apareceran noutras ocasions, co negocio en marcha.

28/7/09

Oira

Canto se vota de menos estes días, a barcaza, case que era millor que non houberan feito as piscinas, asi se excusaban reparacions.
Na fotografía recollese precisamente, o momento do cambio, a barcaza facia os seus últimos servicios, e as edificacions das piscinas comezaban a surgir, a esquina que se ve en concreto, teño a dubida se sera Do "Playa", ou dos vestiarios da piscina.

27/7/09

Cisneros

Ser eran deportistas, pero non vo los traio hoxe eiqui, nesa faceta.
Dos rapaces de Cisneros, teño moi pouquiñas imaxes, e sei que algun deles gustarialle conseguir algunha, pra recordar vellos tempos, de certo penso que teño mais grupos de rapaces no Cisneros da Barrera que no colexio novo.
Buscade por casa os antigos alumnos, os que tivechedes que estudiar cas paredes de ladrillo, e as escaleiras sen rematar, (eso di Luis, o que me deixa a foto), e si atopades algo podedes enviarmelo o decirmo no meu mail.
Por certo fixadevos na fotografía, e veredes que as camisolas, non estan todas iguais, segundo me contan, equipos tiña dous o colexio, e xogo de camisetas somentes un, co cal habia que pasalo dunhos a outros, e as presas pola foto, fixeron que algun a puxera mal.

26/7/09

A Claustra do Santo Anxo

Cando puxen a anterior fotografía deste edificio, poucos foron os que souberon, decirme onde era, tamén pode ser que non se molestaran en decirmo, bo, o que si e certo e que algún de vos, como e o caso de don Santiago Mosquera, tiveronno mais sinxelo.
De feito don Santiago en vez de respostar, o que fixo foi enviarme esta outra fotografía, (o cal il sabe que lle agradezo), nela podedes ver incluso que as pedras estaban ainda moi limpiñas, o paso do tempo e o clima ourensá, ainda non deixaran a sua pegada nelas.
E supoño que a Dona Anxelita Varela gustarialle convidar os seus amigos a disfrutar dese recuncho de Paz no barrio do Couto, hoxe non poderia facelo, dou fe de que de tranquilo en canto os ruidos, o barrio non ten nada.


25/7/09

As festas da Ponte

Andan de festa os pontinos, e dende iste blogue enviolle un saúdo os amigos que por alí teño.
Pra adornar o saúdo, aproveito esta fotografía, por diversos motivos,
O primeiro e loxicamente por que foi feita nunhas festas da ponte, serian os anos 50.
O segundo, porque teño moi poucas imaxes desta ponte ferroviaria metalica que cruzaba As Caldas, (podedes ver outra no blogue nunha entrada antiga)
O terceiro, e que a foto e de Rizo.
e o último motivo, e darlle as grazas as persoas que xunto con esta, deixaronme outros preciosos recordos da cidade, e os poucos iredes vendo no blogue, a familia Barbosa.
Das persoas que aparecen na imaxe, ainda que algún o millor recoñecedelo, xa vos falarei outro día

24/7/09

Chegou

Xa fai bastantes entradas, que vos ensinei a parte superior desta fotografía, enviaronma "tullida", ao fin de que tentaramos identificar o lugar e os persoeiros; o do lugar era faciliño, tratase do convento de San Domingos de Bonaval, onde hoxe esta instalado o Museo do Pobo Galego, Santiago de Compostela.
O da data, xa e algo mais complicado, ainda que polo aspecto de don Ramón Cabanillas e doutro persoaxe ben querido por mín, (que e o que mais lle agradezo o remitente, xa que non tiña esta fotografía do meu avó), por forza ten que corresponder maximo o ano 59, mais penso que ten que ser antes, entre o 55 e o 58, inclinome a pensar que fora un acto previo, a inauguración do museo, (que se levou a cabo no 63) o incluso coma algún me dixo, unha homaxe ou a creacción da asociación de sordomudos, que tiveron ahí una escola.
En canto os persoaxes, na zona que agora se descubre, ahí se que van moitas facianas coñecidas, Cabanillas, Otero, Del Riego, Garcia Sabell, Ogando................?
Eiqui o deixo eu, se queredes seguir identificando enviademe un mail, e porei mais nomes.
Tede paciencia, que o veran e unha epoca complicada.

23/7/09

Villa Rosa y el Balneario

A de hoxe vai ser curta que onte paseime, eiqui vos deixo duas novas imaxes de Baiona, nelas podese observar, que de xeito sorprendente, a voracidad constructora dos últimos anos, ten respeitado por sorte algunha casa.
Na fotografía de arriba, vese o fondo a "Villa Rosa", que grazas a sua conversión nun santuario votivo, dos noctambulos e nalgun caso diambulos, (non sei se existe o palabro, pero pro caso e igual), da zona, ten un futuro prometedor, ou eso espero.
E abaixo tamen podedes ver que o lado de onde estaba o balneario, ainda resiste outra casiña, "Villa Angelines", pero a esta auguroye un futuro mais curto.

22/7/09

A Concheira

Ahi que fermosa, e que ven se esta nela; cas suas conchiñas, (que escarallan os pes, pero impiden que os rapaces anden a correr entre a xente; coido que e unha das poucas praias do mundo, onde os nenos prefiren estar parados na toalla, que xogar as carreiras), cas suas algas, (que esteticamente non lucen moito, pero son parte responsable dos beneficios terapeuticos da praia; ou eso din), co seu colectivo de mestres, (que as veces semella que estou outra vez no instituto, e cando caio nese durmevela tipico das horas de praia, esperto de supeto, recitando de carreiriña, as valencias, ou a formula das ecuacions de segundo grao; e broma, os que por alí andan sonche boa xente, e de certo somentes un deles tivo a desgraza de sufrirme como alumno, e foi por pouco tempo), en fin, pra mín a millor praia de Galicia, ainda que non o pareza.

Magoa que a muller estealle a coller gustiño agora a Dos Frades, que non e que non me guste, pero a mais de estar mais lonxe, non sei se querra botarme algunha indirecta, co tema de que os anos van pasando, e as forzas flaqueando.
Ten varias interpretacions, polo nome poidera ser ofensivo cara mín, pero tamén chegas alo, e atopaste con mais "Walkirias sacando peito", que na outra, pero xurde ahí unha nova diatriba, a según do estado das bañistas, pode ocorrer, que sexa bo remedio pra o problema da idade e as forzas, ou ben pode ser todo o contrario, que che produza unha tan forte impresión, que non volvas ser home por unha tempada; a pero eu que son home que as pensa, teño un amaño: denantes de arrancar cara a praia, convenzo a un sobriño que de cotio nos acompaña, que se achegue un pouquiño mais cedo, e facendo uso da tecnoloxia celular, me pase informe dos corpos presentes, (non interpretedes mal), e así ter tempo de reacción e convencer a parienta da conveniencia ou non de ir reposar os Frades.
Perdoade polo rollo, pero e que as veces emocionome, e non dou parado.
Maña mais.

21/7/09

Baiona La Real (Erizana)

Non e Ourense, pero por moito que lle disguste os Vigueses, no verán a Ria de Baiona, e unha das que mais ourensans rexistra por centimetro cadrado, (xunto con Xanxenxo e o Grove).
Por eso poreivos unhas imaxes deste fermoso recuncho de Galicia; hoxe comezamos a visita polo Porto de Baiona, eiqui tedes o Monte Real Clube de Iates de Baiona, (penso que ainda non existia, pero da igual), cos barquiños agardando o patrón, para dar unha volta polas Cies,
(se algún quere invitarme a dar unha voltiña eu levo os bocatas e as cervexas; se pode ser que o barco teña un pouquiño de espacio, así podo levar a miña muller, ahh, non imos deixar os "rapases" fora, e xa postos, se podo levar algún mais, a nai a miña irma, a tia, os sogros, o sobriño de eiqui, e algún amigo dos rapases que se colgue; ala animadevos que o pasaremos ben).
No fondo e a pe de praia, tedes a antiga lonxa da Erizana, magoa que desaparecera, (queda dela os arcos que adornan o paseo da praia de Ribeira), menos mal que ainda queda A Concheira que e un balneario natural, e mais ou menos téñena protexida, (certo e que antes tiña o seu propio balneario, pero eso xa seria moito luxo).
Non sei como farian daquelas pra aparcar os automoviles, sin ter o parquing da Palma, (ahh e certo daquelas tiñan coche somentes catro, e dous ían pra Sanxenxo).
Maña seguimos ca visita.

20/7/09

Teremos que ir á praia

Unhos xa estan, outros "teremos que ir" en breve, pero sexa como sexa, coido que non atoparemos pola area sacerdotes desta guisa, daquelas se que era normal, ían, non ca idea de mollarse na praia, pero si tentando que a brisa do mar fixera mais levadíos os rigores do veran.
Non me atrevo a afirmalo, pero dinme que un deses dous señores, chegou a Cardeal, de ser así, polo aspecto tiñan que ser os anos vinte, pero de todolos xeitos véxoo moi delgadiño, (non vai ser).

19/7/09

Cafe Regional

No 1906 facian esta publicidade dos seus productos, non era somente un Café, senon coma a maioria deles, despachaban pre levar a casa, eso si, conviña levar os cascos, era outro xeito de reciclar.

18/7/09

A Tahona de Claudio Gonzalez

Deste xeito tan orixinal, anunciabase no ano 1907, Don Claudio González, veciño porta con porta da academia de Don Anxel Ferrín.

17/7/09

O Campo Loña

Eiqui tedes unha das millores imaxes, que atopei do Campo Loña, como podedes observar, non se trata dun partido de fútbol, (que era o habitual), coido que tratabase dun concurso, ou unha actuación dalgunha Coral.
Polo uniforme, (que non deixa de ser galego, levan todos "chapeau galician"), coido que non e a de Ruada, e o Orfeón Donostiarra, tampouco, (eses o "chapeau" levanno menos calado nas orellas).
Bromas aparte, penso que ten que ser un coro; xa que no estrado, estan todos o redor dun atril, e moitos danlle as costas o público, co cal non pode ser un mitín; polos uniformes dos gardas, que se ven entre o público, penso que data dos anos vinte.
Se vos decatades dalgun detalle que poida identificar o acto, decidemo que corrixo.

16/7/09

Santi (Santiago Exposito)

Santi na actuación no 1º Festival da Canción do Miño.
Do Festival do Miño, xa vos falei nas festas, pero agora quero que coñezades a outro dos artistas ourensans, que participou nese primeiro festival, e fixo por partida dobre, tivo que sair o escenario, como participante, e o rematar volveu actuar, pero desta vez como artista invitado xunto co seu grupo "Los Benposta", do cal era a voz naqueles anos.


Los Pokers ano 59
Anteriormente foi tamen a voz doutro grupo moi coñecido naquela época, "Los Pokers", formado por Santi - Luis Arturo - Javier y Cacho.
Noutra ocasión continuarei a falarvos deste cantante, que tivo e ten, unha dilatada participación no mundo da musica desta cidade, e a día de hoxe esta a preparar unha recopilación das suas composicions .

Deixovos eiqui un dos seus últimos temas, composto e cantado por il mesmo.




15/7/09

A patente do Perille

Publicidade aparecida na revista Nós, xaneiro do 1921
No mes de Setembro do 1907, concedeuselle o Industrial, Sr. Perille, a patente de fabricación de plumeiros con rafia, asi o anunciaban na prensa da epoca.
"Le ha sido concedida patente de invención, a nuestro buen amigo el acreditado comerciante de esta plaza Sr. Perille, por la aplicación de la rafia, para la construcción de plumeros.
Tratase de un invento de positiva utilidad para el público".
Como se ve no anuncio superior, tivo representante en ultramar, ¡cando se trata de botar fora o polvo, sempre hay negocio!.

14/7/09

Don Amador Villar Amor

Fotografía publicada no Heraldo de Madrid o ano 1909, (con marco e retoques)
Que Ourensán non coñece a rúa Irmáns Villar?, (antiga San Fernando), cantos non oíron falar do colexio público Irmáns Villar?, (fai poucos anos trasladado á chaira da estación de San Francisco); pero sexamos honestos, cantos sabemos, quen eran os Irmáns Villar?.
Grazas á colaboración de don Amador Rego Villar-Amor (sobriño-neto e afillado de Don Amador), intentarei achegarvos a través de varias entradas, a Don Saturnino, e Don Amador Villar Amor, imprescindibles no ámbito educativo e cultural desta cidade.
Comezarei con Don Amador Leopoldo Villar Amor (Ribadavia 1866 - Ourense 1944), e realmente coa súa faceta menos coñecida, Don Amador "Poeta".
Contan que dos dous irmáns, Don Amador era o máis introvertido; quen dirixía a "Academia Villar" (1885-1935), segundo parece era Don Saturnino mais afeito os numeros, e as relacions publicas.
Con todo lendo os seus versos, non o cualificariamos precisamente de tímido, o xornal "Heraldo de Madrid", en febreiro do 1909, defíneo con estas palabras:
“Y nadie más á propósito que Amador Villar para colaborar con Lamas Carvajal. Como este posee Villar Amor la malicia jocunda, el humorismo, la socarronería peculiar y definitoria del alma gallega.
Es intencionado y finísimo en sus ironías, y para que las analogías sean mayores, Villar Amor, como Lamas en sus primeros tiempos, es un convencido y valiente flagelador de todos los convencionalismos y de todas las mentiras de la política”.
Durante anos, as súas obras non levaban firma, en ocasións utilizaba un pseudónimo, (Roque Pelico d´Ovella), pero non, necesariamente, aos poucos foi cedendo e comezou a ser coñecido; de feito na revista Nós da que foi colaborador desde os seus inicios, (e posiblemente por sentirse rodeado de amigos, que lle pediron a súa colaboración), publico algún dos seus poemas.
Para non estenderme máis, hoxe déixovos un deses poemas, publicado no número 22, de outubro de 1925, e que tamén saiu publicado na Revista "Vida Gallega" da Habana o 25 de Xullo do 1929. Se o facer click enriba do texto non se fai mais grande, esperade un ratiño, que tan pronto poda arranxareino.

Por certo Caixa Ourense publicou no ano 1994, un recompilatorio dos seus poemas, do cal non puiden conseguir ningún exemplar, se un alma caritativa, (supoño que en Caixa Nova, disporán dalgún exemplar), quixese facer unha xenerosa doazón, quedaríalle agradecido, de ser necesario, desprazaríame para recollelo. Grazas

13/7/09

Outra dos Maristas

Remitiume fai tempo esta fotografía o amigo Alvaro Garcia, e un despiste fixo que non a publicara antes, pido desculpas polo erro, e aproveito pra solicitar a vosa axuda, e identificar os maximos posibles destes señores que posaban no patio dos Maristas.
Eiqui vos deixo o texto que me envia Alvaro con alguns datos.
"Non che sei decir de qué ano é, pero eu diría que é do ano 1966 (tiña eu 6 ou 7 anos), polo que estamos a falar de 2º de primaria.
Eu creo que estamos varios cursos xuntos na foto, por que está o meu irmán Jose Luis, na fila de arriba de todo (o 5º empezando pola esquerda) e os outros da mesma fila eran da sua clase (os nacidos en 1961).
Eu son o terceiro pola esquerda da fila seguinte (a segunda de arriba a abaixo).
Como pasaron moitos anos e funme tan pequeno do colexio, non me acordo de ningún dos compañeiros. Só sei que o terceiro pola esquerda da fila de mais abaixo tiña un apelido que sí era dificil de olvidar: Hentschel, e que creo recordar que o 3º pola dereita da fila de arriba apelidábase Seara (apelido moi extendido en Ourense), pero non me acordo de nada mais".

Outra imaxe do Viaducto

Eiqui podedes observar o traballo de inxenieria feito no Viaducto, polo estado das obras penso que pode ser o redor do ano 53.
Tendo en conta que o proxecto comezou a elaborarse no 13, e as obras comezaron no 30, para rematar ca inauguración no 57, (certo e que entre o medio houbo unha guerra), a ver si desta vez as obras do AVE, podense rematar nun pouquiño menos de tempo, polo de agora imos ben de fechas..

12/7/09

Ksado en Ourense

Remitiume Don Santiago Mosquera, esoutro día, esta fermosa instantanea, poñovos o texto que a acompaña, dado que explica moi ben o retrato.

"foto feita polo mestre Ksado na súa etapa compostelá (coido que estivo unhos anos instalado en Ourense) e que representa o meu curmán Pablo, vestido de mariñeiro ( sería de cabaleiría de mariña, pois ten unha fusta apoiada na cadeira ), e cunha actitude que , hoxe en día o millor servía pra levar ao fotógrafo a cadea".
O mesmo tempo, na miña procura de información dos mestres fotografos que iniciaron ese arte na cidade, non teño constancia da permanencia de Don Luis Ksado, con estudio aberto na cidade, certo e que en mans de moitas familias estan obras saidas da sua camara, e tamen que as suas visitas a cidade eran frecuentes, así como as boas relacions que tiña na cidade; sorprendeme ler esta reseña no diario "La Zarpa" de don Basilio Alvarez, do 12 de enero do 1926:

"- Ayer salio para Vigo, despues de pasar el domingo en esta capital, el popular fotografo de aquella ciudad D. Luis Ksado, querido amigo nuestro."

Aproveito a entrada pra dar as grazas a don Santiago, e a un novo colaborador, que xa me facilitou moita información, e promete continuar ca sua axuda, Don Amador Rego Villar-Amor, home de amplisimos coñecementos e aparte, con ese apelidos comprenderedes que ten que ter moito que aporta

11/7/09

Ciclismo Ourensan





A modo de remate desta semana deportiva, eiqui tedes unhas fotografias Do "Rizo".
Polos datos que me facilitaron, penso que ten que ser dunha proba ciclista celebrada no Carballiño, ala polos anos 50.

10/7/09

Manuel Suárez Castro (Ourense 1890 - 1937)

Fotografía publicada por Don F.J. Quintas Ferreño, na revista Claridade, Fundación Luis Tilve.

Levaba tempo Manoliño, chamando ás portas deste blogue, pero coa súa recoñecida paciencia soubo agardar; o mesmo que á apertura do expediente de honras que nestes días estase incoando no Concello de Ourense.

Fillo dunha familia humilde, é un claro exemplo do home feito a si mesmo, canteiro de profesión, e mestre de obras, os seus compañeiros considerándoo unha persoa íntegra e responsable, á vez que paciente e dialogante, conseguiron que fose o seu representante sindical; aí comezou o seu labor político, chego a ser un dos máximos dirixentes da U.X.T. na provincia de Ourense, e militante destacado do P.S.O.E. ourensan.

Foi elixido alcalde da cidade no 36, pero con anterioridade xa ocupara cargos de responsabilidade no concello, da súa xestión podemos destacar a consecución de importantes melloras no hospital Provincial (As Lagoas, actual colexio universitario),tanto no que se refire a instalacións, como á calidade asistencial, (entre outros logros, ampliou a gratuidade da asistencia), tamén á súa xestión debémoslle a construción da actual Praza de Abastos, da que foi un dos seus maiores impulsores, e foi ase mesmo un dos fundadores da Caixa de Aforros Provincial de Ourense.

A súa detención poucos días despois do alzamento militar do 36, foi seguida dun consello de guerra, no que xunto a Don Manuel García Barros, Don Eduardo Pazos, Don Higinio López, e Don Antonio Taboada, (no mesmo xuízo compareceron tamén Don Anselmo López García, e Don Marcelino Otaduy condenados a cadea perpetua, e a doce anos de prisión respectivamente), foi condenado á morte, polo delito de “rebelión militar coas circunstancias modificativas de perversidade e trascencencia”, (a lo menos curiosa acusación, eu sempre entendín que podias rebelarte contra o orden establecido, que neste caso era il mesmo….); sendo fusilado na madrugada do 27 de Xullo no Campo de Aragón, do acuartelamento de San Francisco.

Se queredes ampliar a información sobre don Manuel Suárez, na revista “Claridade”, da fundación Luís Tilve, Don Francisco Javier Quintas Ferreño, acaba de publicar un magnífico traballo,

Manuel Suárez Castro o primeiro Alcalde Socialista dá cidade de Ourense

9/7/09

Pequenos detalles do Hockey Ourensan

Fai unhos días ensineivos unhas rapazas que foron pioneiras neste deporte na cidade, hoxe traiovos, a parte masculina dos incios dese deporte en Ourense, no ano 40 veu traballar a cidade un xoven de apelido Muñoz, nos almacens Simeon, coñecia as regras do deporte, e decidiu formar un equipo, foi o Galicia Hockey Clube.
Na tempada 42-43 posaban, pra posteridade, (non sei se no Loña ou no Bouzo, non recoñezo o Campo)
Co paso dos anos conseguiu ter un certo nivel, de certo nesta imaxen temos a seleccion ourensa nos 50 no campionato de seleccions en Madrid.
Fixarvos ben que tedes moitos coñecidos do deporte ourensan por ahí, algun ainda activo fai moi pouquiño.

8/7/09

O Popeye

O fio da entrada anterior, xurdiu esta, na que vos presento un dos primeiros equipos de baloncesto da cidade, tratase do Popeye, un equipo que nos anos 40, xogaba no campo Bouzo, podedes decatarvos, que o chan era de terra, co cal o bote a saber como seria, por non falar do balón, pero ainda así xogabase con paixón.
No medio da imaxe, tedes a un vinteañero Don Joaquín, que non deixaba pasar unha oportunidade de facer deporte, así conservase hoxe.
Esta e unha das millores fotografías que teño do Campo Bouzo, situado como xa vos dixen noutras ocasions na zona das Lagoas, preto do Campo Loña, si revisades no blogue, a entrada "Futbol Feminino?", veredes que o escenario poidera ser ese, polas columnas que estan na entrada do Campo.
Tentarei que o amigo Daniel Bouzo, convenza a sua familia pra que revisen nos albums familiares en busca de millores imaxes do lugar.

7/7/09

Don Joaquín Fernandez

Traivos hoxe outro dos ourensans que de xeito calado, axudou a millorar a vida nesta cidade.

Don Joaquín, foi na sua epoca, (que ainda e recente, se non erro, ten hoxe 86 aniños), un dos mais activos deportistas da cidade, nos comezos coma practicante de varios deles Atletismo, Hockey, Baloncesto, e Balonman,
nesta direccion tedelo nunha entrada anterior do blogue co seu equipo de baloncesto,
(poñovolo pra que non teñades que andar a buscalo)
Nesta imaxe tedelo de delegado da seleccion ourensán de balonman o ano 1940 no campo de Pasarón,
daquelas as regras dese deporte eran un pouquiño diferentes as de hoxe, e xogaban de once nun campo de futbol (o ano 51 ainda que seguiu a ser de once unhos anos, creouse a primeira liga de sete xogardores), non sei se o tamaño das porterias era o mesmo, pero de todolos xeitos habia que ter unha gran preparación fisica.

Eiqui o tedes de arbitro de hockey o ano 55, e xunto a el na fotografía aparece moita xente coñecida de ourense, Alonso, Barbosa, Navas, e Fraga (Alma mater del Hockey ourensán).
e segun ia facendose un pouquiño maior, pasou a ser xuiz dalgun dese deportes, pra rematar sendo directivo de varios clubes deportivos, coma o A.D. Couto.
Maña veredelo noutra imaxe historica do deporte ourensan, e non dubidedes que seguira a parecer mais veces no blogue.

5/7/09

Alvarado y Telmo

Na revista Nós, o sistema, preciso de financiación, (daquelas as intitucions non podian dar cartos pra eso), era a publicidade, eiqui vos traio outro deses anuncios do primeiro numero, se tedes datos da empresa, gustariame que mos facilitasedes.
Se vos fixades, o anuncio era sinxelo, pero ten moito traballo de imprenta, non carece de certa beleza.

4/7/09

1º Executiva PSOE local ??

O verán ten os seus inconvintes.
Como estes días teño problemas de tempo para ler, estou revisando os meus arquivos de fotografías, e ao facelo, atópome con algunhas que me resulta complicado identificar, e en ocasións, admitir como validas as notas coas que se me enviaron, ata nalgunhas se me di que consta como anotación na fotografía, ese dato.
Como me gusta, no posible, publicar datos contrastados, limitareime a ensinárvolas, sen afirmar a veracidade dos datos; se nalgún caso podedes botarme unha man, agradeceréivolo.
Pois tendo iso claro, aquí tedes, a que me contan que foi a primeira executiva do Partido Socialista Ourensán, non me atrevo a dar nomes, o único invitarvos a que a observedes con detemento; o que si é certo é que presenta unha bela escena costumista.
Cando teña tempo tentarei confirmalo, e si son quen de facelo, direivos os nomes destes elegantes cabaleiros.
Cofirmame Don francisco Javier Quintas, que a fotografía corresponde a unha das primeiras executivas locais do P.S.O.E., e que na imaxen aparecen, entre outros, don Heraclio Botana, (vigues lider socilista galego), e Don José Cernadas (dirixente socialista e uxetista ourensán).
Doulle as grazas, e quedo a espera de poder ollar un traballo que esta a facer da historia do socialismo ourensan, aproveito pra pediros colaboración, se tedes fotografías antigas de integrantes deste partido, ou de edificios relacionados con eles, (as fotos da casa do Pobo no Xardín, andan escasas), seria de agradezer que llas prestaxedes, si me pedides o mail dil, facilitovolo encantado.

3/7/09

A Ponte Maior

A Ponte a comezos do seculo XX
A Ponte nos 60
Esoutro día lin nun blogue dos habituais, un comentario, o blog-master, decatabase de que tiña moitas imaxes da Ponte de Ourense, e xa varios dos seus lectores lle dician que era o normal, xa non por seren antigo, nin un dos referentes da cidade, senon pola beleza, que ten en si, cada segundo do día, todolos días do ano a luz e diferente, sempre muda algo na escena.
O que eu quero decirlle e que da Ponte, todos os amantes da fotografía, teñen "cienes y cienes" de instantaneas, eiqui vos deixo duas novas imaxes, e revisando o blogue atoparedes algunha mais, pero ainda quedan moitas mais.
Deixovos eiqui tamen o enderezo que motivou esta entrada, de paso votarlle unha ollada o resto das entradas, amvos gustar.

2/7/09

Calzados Mosquera

Teño pouquisimos datos da empresa, que nos anos 50 era das importantes da cidade, tiñan as suas instalaciones de fabrica, no barrio da Inmaculada, na que hoxe chamase Rúa Das Dalias, e as suas oficiñas, e comercio de venta o publico, na Rúa Lamas Carvajal.
O que si recordo, e que sendo eu moi noviño, na tenda de Lamas Carvajal, entre unha guirnalda de zocos e botas, atopase sempre un homiño xa maior (Mosquera), que o ver algun cidadan ollando o escaparate, decia con moi boas maneiras, "Pase, pase que dentro hay mas", tamén lembro a crueldade dos rapaces que adoitaban enfurruñalo, pero eso millor non contalo.

1/7/09

Barreiros Diesel

Dende o ano 1939 Don Eduardo Barreiros foi os poucos convertendose nun dos referentes da industria a nivel nacional, ensinovos hoxe esta fotografía dunha exposición dos productos Barreiros Diesel, a modo de anuncio dunha entrada, na que tentarei facer unha pequena biografía deste Ourensan, que entre os seus meritos atesora o de ter conseguido darlle traballo a mais de 25.000 cidadans.
Magoa que hoxe non teñamos emprendedores coma ise, ou se cadra temolos, pero non atopan as axudas precisas pra facelo, bo sexa coma sexa, non entrarei a xuzgalo.