Consejos y avisos

Llega la Semana Santa y con ella un nuevo periodo de descanso en los blogs OVRENSE y Ourensenotempo. Sera desde el viernes 7 hasta el jueves 20. Disfrutad de estos dias, y si no vais a viajar aprovechad para descubrir "nuevos" rincones de nuestro Ourense.

Os recomiendo visitar los dos blogs, ya que a partir de ahora los días que haya entrada en www.Ourensenotempo.com no la habrá en http://ovrense.blogspot.com y viceversa.

Mail ourensenotempo@hotmail.com

30/6/09

O arte de Pacheco

O Photo Shop, coma programa e algo moi recente, e o que fai e facilitar sobremanera o traballo de retoque fotografíco; eso non quere dicir que antiguamente non se poideran facer cousas semellantes; eso si con gran destreza e coñecementos, por parte do profesional.
Na fotografía do Sr. Pacheco (quen iba ser se non), a pouco que vos fixedes veredes a Don Luciano mallando nas costas de Don Luciano, ¡algo teria feito!.
Eu tiña oido falar do de xuiz e verdugo, pero neste caso ampliase a frase e temos nunha persoa soa, xuiz, verdugo e castigado.
Certo e que eu dinlle, (coma sempre de xeito chapucero algun retoque), pero garantizovos que limiteime a quitar unhas dobleces do papel, e algunha falta de tinta froito do paso do tempo. E si minto, que desapareza a farola das Burgas. Ah, sinto esa xa desapareceu, enton que desapareza o Ayuntamiento se minto.

29/6/09

Don Antonio García Nóvoa (O Perniñas)

Fai uns días, e pola amabilidade de don Santiago Mosquera, foime presentado outro gran Ourensán, (tio avó dil) certamente oíra comentarios sobre el, e o seu grupo de amigos, pero eran iso, só comentarios.
Nestes días tiven a oportunidade de ler algunhas das súas obras, e en ocasións víñalleme á cabeza o bo de Don José Adrio Menéndez, non poderemos dicir que "Perniñas", (por certo , o alcume non me aclararon de onde procede, apúntanme dúas opcións: o reducido tamaño das súas, ou a admiración que lle causaban as das señoritas que lle rodeaban), fóra un cronista da cidade, pero si que podemos afirmar, que a través das súas cartas e poesías, (en moitas ocasións improvisadas), deixounos unhas belas e detalladas estampas daqueles anos nos que el reinaba, a primeira metade do século XX.
Grazas á lucidez de Don Antonio Rei Soto, podemos gozar hoxe a súa destreza coa palabra, nun pequeno libriño que editou "La Región" no ano 1951, baixo o titulo "Todo de ocasión", e do cal Don Antonio gardo os orixinais, formando parte da sua estimable biblioteca, (hoxe ubicada no Mosteiro de Poio).
En futuras entradas, intentareivos facilitar máis datos do Perniñas, pero hoxe quero mostrarvos, soamente unha redondilla que formaba parte dos versos que no seu día dedico a outro gran coñecido Ourensán, Don Basilio Álvarez, compañeiro de clase.
Es en clase el preferido
pues dicen que lee muy bien;
éste si que se ha cogido
por el mango la sartén.
Según conta don Antonio García no seu recopilatorio, os versos foron escritos sen mala vontade, (ainda que algo de envexa pode que houbera polo medio, o lector tiña o aprobado feito), e dinos:
" Tampoco a Don Juan* le parecio mal la cosa, por que al ir Basilio, lloriqueando a quejarse de lo que le habian hecho, le cónsolo diciéndole que no era para molestarse, Y a mi no me impuso castigo".
*Don Juan se refiere a Don Juan Sieiro catedratico de Psicología, Lógica y Etica del Instituto.
Hubo según parece un intento de tomarse la justicia por su mano, de Don Basilio, pero la operación fue habilmente abortada, ya de aquellas Don Basilio debia tener forjado su fuerte caracter, pero esa es otra historia.

28/6/09

Celanova no Tempo

Ainda que teño raices na zona, recoñezo a miña ignorancia sobre a historia da vila, prometo pra proxima entrada tentar facer algo un pouquiño mais elaborado, polo de agora ide gozando desta postal.

27/6/09

Batalla de Flores II

A Gondola, Ano 1929
Xa tiña a entrada de onte, cando me chegaron estas duas xoias que don Santiago Mosquera, ten na sua colección, penso que ben merecen, ser as que fagan o remate das festas deste ano.
Aproveitade pra xuzgar a calidade das carrozas, lin esoutro día que as de hoxe son obras de arte, enton estas como as temos que calificar?.
Comentame Don Santiago, que na darriba, (ano 1929), non se percibe o sistema de tracción, e en resposta, penso que hay que fixar a mirada no rapaz, que vai o final, posiblemente el a modo de "Pedro Picapedra", sea o responsable do avance do artefacto, eso si axudado en ocasions por alguen desde fora.
Non consigo identificar a rúa onde se fixo esa fotografía, despistame o muro e a palmeira, se alguen o sabe, se quere que utilize o meu mail.

Coche engalanado, Ano 1930

Tiven a osadia de retocar esta imaxen, ca intención de coñecer a vosa opinión, sobre si procede retocar estas imaxes ou deixalas tal como son?.

26/6/09

Batalla de Flores


Maña e o día da batalla de Flores, dende o blogue e pra animala un pouco comezamola hoxe; pra comenzar o desfile, eiqui temos unha fotografía do Sr. Rizo.
A seguir temos un automovil "tuneado", a proposito da batalla, repleto de fermosas señoritas, que de seguro ainda que graciles saberian defenderse dos ataques de confeti e serpentinas provinientes das outras carrozas.

Eiqui temos o inefable Marcial roubando un sonriso do publico; todolos anos os entendidos agardaban con expectación a ver cal era a ocurrencia do Marcial pra iste ano, xa pasaba o mesmo nos carnavales, certas festas sen Marcial non eran o mesmo.

E pra rematar eiqui pasan duas das obras do maestro, Federico Alonso Martinez Risco, unha delas como podedes observar con premio; era o habitual que don Federico, e o seu inseparable Alcala, acadaran algun premio, pero e loxico, todos lle metian ilusión os traballos, pero eles a mayores dedicabanlle moitas horas, co cal os seus acabados eran os millores, certo e que pouco a pouco, artistas coma Rafael Porto, e Manuel Lopez foronllo poñendo mais complicado, pero eso e pra outro ano.
Por certo como minimo a primeira data do ano 1929, como veredes na entrada de maña. (ainda que penso que a tradicción tivo comezo co seculo).

25/6/09

Festival do Miño


Seguindo cas festas maiores. Outro dos eventos que mais sona tiñan nas festas da cidade, era sen dubida, " O Festival Internacional da cancion do Miño".

E quen millor que esta Ourensana, pra lembrar ese magnifico Festival, eiqui tedes de novo a nosa amiga Menchu, da cal foito da sua amabilidade, podemos escoitar musica daqueles festivales, (e grazas tamen o amigo Daniel Bouzo, que fixo a precisa remasterizacion).



Por un problema tecnico a canción non esta enteira, pero vale ben pra descubrir a fantastica voz da artista.

24/6/09

Remata o curso escolar

Xuño 2009, remata o curso do centenario no colexio Maristas.

Alumnos do colexio Maristas Ourense curso 1925-26 no edificio da rúa do Paseo (actual Delegación de Defensa)
Durante todo este ano, celebramos a chegada dos irmáns Maristas á cidade, con eles naquel ano de 1908, chego á cidade un novo estilo educativo, que sen esquecer as normas relixiosas, intentou e penso que conseguiu, inculcar a un gran número de ourensáns, que hoxe en día son avós, e pais dos actuais alumnos, uns valores e coñecementos que lle serviron para converterse en respectables cidadáns.
Quen mellor que este señor, para pechar este Centenario, visítanos hoxe Don Manuel, o que durante moitos anos estivo facendo a diario ese labor, pechar as portas do colexio, ao traelo a el, queremos que se interprete, como un peche cotián, mañá volverá abrir esas portas para todos os alumnos, que seguirán escribindo as páxinas do seguinte centenario, o cal esperamos que poidan vivir xeracións futuras de ourensáns.
Nos de non ser que se fagan grandes avances na ciencia medica, xa non o viviremos, pero estaremos felices de formar parte desa historia.

Dende iste blogue queremos desexar a toda a comunidade colexial, unhas felices vacacions, e que sirvan pra coller pulo pra comezar o 2º Centenario Maristas Ourense.

Si vos gustan as imaxes antigas do colexio, non pensedes que co fin do centenario deixaran de asomar polo blogue, grazas a xenerosidade dos Irmáns, ainda quedan moitas imaxes que mostrar, e os poucos irevolas mostrando.

23/6/09

Paco Paco

Esta entrada sáese un pouco das normas do blogue, pero considero que paga a pena, ademais estamos de festas, e ten que haber musica.

Para vela recoméndovos que o fagades escoitando a canción que aquí vos deixo.



Non sei se sera o voso estilo, pero sexa, así ou non, temos que recoñecer o gran valor que ten, nela podese descubrir, que o seu autor ainda que desde fai moito tempo, non pode residir entre nos, ten de certo morriña pol sua terra.

Tratase do ultimo tema editado polo cantante ourensán mais internacional Francisco Ropero.

Na fotografia do ano 1949 temos "a Nena", a sua irma que e unha das escusas pra as suas visitas a cidade, e do outro lado o seu irmán Xoan, que por cousas da vida tamén esta fora, ainda que non moi lonxe, polo menos anda por Galicia.

Sei que ten moitos amigos ainda en ourense, tamén a sua irma Nena segue a vivir entre nos, por eso tentarei facervolo lembrar, cunhas fotografías de cando andaba polas nosas rúas.

Eiqui o tedes rodeado de toda a sua familia, na rúa onde reinaba el cos seus colegas, Doutor Fleming.


Esta e unha das ultimas fotografías feitas antes do seu periplo migratorio, e mostrovola como petición expresa dun dos seus millores amigos, nela podemos ver o grupito dos figuras, no "Campito", (unha leira que daquelas estaba valeira na rúa doutor Fleming, xusto na traseira da gasolinera de Progreso, ainda que pechada, non se construiu nela ata fai poucos anos), ahí era onde mostraban as suas habilidades balonpedicas, e outras modalidades deportivas, en especial, según conta Lisardo Mazaira, o bo do Paquiño, era un experto lanzador de jabalina, (penso que ten mensaxe este apunte, dada a insistencia en publicar dita habilidade, eles saberan).
Non poñades en dubida que volvera asomar Don Paco por este blogue, pero namentras o faga, podedes saber mais das suas andanzas na sua paxina.
eiqui vos deixo o enderezo.

22/6/09

Os toros nas festas de Ourense

Comezan as festas maiores da cidade, e aproveitando este agasallo que nos fai Don Santiago Mosquera, quero recordarvos a afección que existía na cidade á festa taurina.
Facer que soen os clarins e as trompetas, (facendo clic no play do recuadro inferior), e ao ritmo da música gozade destas imaxes.
Durante moitos anos, Ourense gozo dunha gran afección aos touros; nos seus inicios era o Gremio de carniceiros, os da rúa dos Brancos, (comezo de Hernán Cortes), os que puñan a disposición do Concello, ao animal que se "mareaba", na Praza Maior, pero co paso do tempo, tiveron que ser os afeccionados, os que organizasen a festa, iso si co apoio do Concello, foi a época da praza móbil, que termino instalándose na Avda. de Zamora de xeito habitual, xa vos comentei nalgunha ocasión, que houbo un proxecto de construír unha praza fixa, detrás da Igrexa de San Pio X, eran os anos en que o Sr. Penín esforzábase en que se levasen a cabo os festexos.

21/6/09

O Circo en Malingre II ??

Eiqui tedes a segunda das imaxes, podedes darme a vosa opinión se queredes no meu mail.

20/6/09

O Circo en Malingre I.??

Entre as fotografías que o Sr Pacheco fixo, aparece unha serie de escenas circenses, observeinas con atención en varias ocasións, e non son capaz de afirmar se o lugar onde se desenvolvían esas exhibicións era nas instalacións da fundición Malingre.
Teño a dúbida de se podería ser no Campo do Desafío (Remedios), onde tiña as súas instalacións a "Eléctrica Balvis", que contaba tamén cunha cheminea cadrada moi similar á de Malingre, por ese motivo hoxe e mañá ensinareivos as instantáneas, para que sexades vós os que opinedes.

19/6/09

"La Electra"

Un dos primeiros negocios especializados en electricidade, que se abriron na cidade, e iste que vos presento hoxe, estaba moi centrico, na esquina enfrente a Igrexia de Santa Eufemia, e nel como podedes observar vendianse todo tipo de lamparas e aparellos electricos, a parte de dedicarse tamén os montaxes de instalacions.
O marxe do negocio, na fotografía tedes outro detalle, que a mín chamame moito a atención, o edificio onde estaba, eu sempre crein que era mais grande, explicome, pra mín o portal de entrada as vivendas, era pola rúa do Instituto (Lamas Carvajal), co cal a fachada a esa rúa teria unos dez metros, pois vai ser que non, o edificio e somentes o que vedes ata o canalón, o que e o mismo, ten aproximadamente dous metros con coarenta nesa rúa, na praza Santa Eufemia, (antigo Coronel Ceano), se que ten mais de dez metros, pero non e mais que fachada.
Tentarei conseguir mais datos do tema, e xa volo contarei, seica foi unha cuestion de falta de acordo entre dous ourensans.
Grazas a Alberto Vazquez pola colaboración.

18/6/09

A Praza de Abastos I


No ano 1935 inaugurouse a Praza de Abastos da cidade, vendo a magnitude da obra, loxico e pensar que a sua construcción xestouse moitos anos antes, segundo os datos que teño, entorno o ano 1925, decidiuse a sua ubicación.

"Dous foron as solucións sometidas a estudo.
A primeira relacionada co solar onde estivo o hospital de San Roque, á beira dereita da alameda do concello; pero esta solución non foi aceptada, pola importancia do gasto inicial que recargaría grandemente o orzamento de obra.
Por iso houbo de aceptarse co xeneral beneplácito, a segunda solución, emprazándose nos terreos comprendidos entre a alameda do Concello e a rúa do Rastro, ocupando leiras que pola súa extensión, situación e condicións topográficas, permitiron adaptar o edificio cun gasto inicial moi inferior."
Memoria Economica y Administrativa Orense 23-29 (Arquivo Municipal)

17/6/09

Tombolas e carruseles

Entre liortas e protestas, pero empezaran en breve as festas da cidade; xa non son na honra do San Roque, agora en teoría son as do "Corpus", digo o de en teoría porque cada vez é máis evidente a separación entre a festa relixiosa e a civil.
Estas fotografías corresponden a unha época, na que as festas eran causa de gran expectación, os bailes populares, as atraccións de feira, a visita dalgunha gran estrela, (recordo sendo eu pequeno, a actuación de Pinito do Ouro na Alameda, que realizaba os seus equilibrios imposibles nunha corda ao compas de Sandy Shaw co seu éxito "Marionetas"), o Rallye, O festival do Miño, as actuacións na Praza Maior, as marionetas no Xardín, e posteriormente en San Marcial, en fin todo un cambio nas actividades cotiás, que toda a cidade esperaba ansiosa e os ananos gozabamos de xeito abondo, claro que é certo que non existían as consolas, e a televisión só tiña unha canle, bo dous, pero entre os dous non facían un dos de hoxe, (refírome a tempo de programación, non a calidade).
Nestes días ensinareivos máis imaxes relacionadas coas festas

Alguen recoñece a lo menos un dos señores da fotografía?.

Tedes razon todos os que decides que a primeira fotografía non e de Ourense, esta feita nas festas do Apostol, en Santiago de Compostela, pero, o que eu queria mostrar, e o Carrusel, que si que e Ourensán, o igual ca tombola dabaixo, son ambalas duas dunha familia moi coñecida na cidade, (xente moi querida no mundo do futbol ourensan).

16/6/09

Os sucesos do 34 (Castro Caldelas)

Ao fío da entrada do Sr. Lerroux no blog, atopei este escrito, que aquí vos ensino.
O ano 34, empezou a xestarse no ámbito social e laboral, (no político xa estaba máis que xestado), o que ao cabo de dous anos sería o peor momento da historia deste país, A Guerra Civil.
No mes de Outubro dese ano, o levantamento en Barcelona, tivo unha pequena incidencia, non así a insurrección obreira, que levaba meses preparándose, en principio, para o que soamente ía ser unha folga xeral, pero termino converténdose nunha sucesión de protestas co resultado de máis de 1500 mortos.
A zona máis castigada foi Asturias, pero en todo o territorio houbo que tomar medidas, reflexo desas medidas, é a contundente orde do Alcalde de Castro Caldelas, relativa á protección da liña telegráfica e os accesos á vila o 14 de Outubro dese ano.

15/6/09

Delegación de Defensa

O comentario penso que e innecesario, a imaxen e o que e, unha vista hoxe imposible, a fotografía esta tomada dende as oficiñas do BBVA de Xoan XXIII, eso si, antes de que fixeran os edificios da Rúa.

Lerroux en Ourense

Fotografía da revista Blanco y Negro Fot. Campos 1904
No ano 1904 o que chegou a ser Presidente do Goberno (1933), e daquelas Deputado Nacional , polo partido Unión Republicana, Alejandro Lerroux, fixo unha visita a Ourense para celebrar un mitín, no "Café Moderno", (situado no edificio onde estivo foto Sanjurjo, e a ferraxeria Anta (Tucho Anta), no confundir co "Café La Moderna", Paz Novoa 3, (Rúa Paseo).
A fotografía anterior corresponde o recibimento que tivo na estación de Canedo ese día.
O asunto e que recuncou, e o 12 de Maio do 1913, despois de certa polemica sobre a oportunidad ou non de facer o mitín na Alameda, onde estaba previsto, o fin decidiuse trasladalo o Salon de Variedades, (xa vos falei deste local, foi o cine Pinacho, logo cine Barbaghelata, (o dono era o mismo, o que mudou foi o nome), logo foi Salón de Variedades, e finalmente Salón Apolo), na esquina do Paseo, con Cardeal Quiroga.
Nunha destas ocasións segúndo conta Don Carlos Casares no seu libro "Conciencia de Galicia", Risco Otero e Curros, tres biografias, entre o publico asistente estaba (un mozo daquelas), Vicente Risco, o cal sen coincidir nos plantexamentos do orador, recoñeceu, os fantasticos dotes mostrados, por Don Alejandro, pra encandilar a concurrencia, tanto foi, que o terminar o acto, acompañaron o orador ata o Roma, onde se hospedaba, facendo que saudara a concurrencia dende o balcón.
Actos coma este e moitisimos mais que se poden ler da xente de antes, son os que te fan pensar, que estamos a esquecer as "formas".

Casares, citando a Risco escribe: "...yo conocí a Lerroux en esta dichosa ciudad de Orense, donde dio un mitin, en donde hoy está el Café Moderno, en un local en que tan pronto tenía lugar un baile como una reunión semirrevolucionaria. Servía para todo; allí vi representar el Tenorio por cincuenta céntimos".Dou por feito que foi na visita do 1904, Risco teria daquelas 2o anos.

A segunda fotografía penso que e do segundo mitin, o que se celebrou no 1913, no Salon de Variedades???.

Con moito acerto, corrixeme Don Santiago Mosquera, a fotografía non corresponde o mitin do Salón de Variedades, senon a visita feita polo Sr. Lerroux o Manantial da Gándara de Mondariz, coincidindo cas datas na que pasou pola cidade pra dar o seu mitín.

14/6/09

Atletismo en Ourense (R)

Si, non lle deades voltas, esta fotografía penso que e a primeira que se repite no blogue, pero ten a sua xustificación, sabedes que non teño inconvinte e recoñecer os meus erros, e ainda que neste caso non se trata dun erro, senon dunha omisión, teño que reparar o dano.

Esta e a entrada orixinal.
"Ano 47, cando toda a mocidade, só tiña ollos para o fútbol, algúns ourensáns, dos que son por natureza deportistas, (e nalgún caso un autentico Dandy, seguirei mostrándovos fotografías de Marcial Feijoo, e coincidiredes comigo), esforzábanse para que a cidade tivese representación nos campionatos doutros deportes, neste caso o Atletismo.O equipo formábano Outeiriño, Ulloa, Marcial, Rios e Ruiz, a ubicación era no estadio de Riazor na Coruña".
Estes os engadidos.
A proba que tiña lugar ese día en Riazor, eran os campionatos galegos, onde eses "rapaces", que entrenaban con alpargatas, e cando podian, (que era poucas veces), arramblaron ca maior parte do medallero, como decia a miña avoa, "vale mais un quero, que dez podo".
As duas persoas que estaban sen identificar, eran o atleta Muñoz, e Pepe Novo (o sr. elegante que os acompaña) , que facia as veces de entrenador, realmente como di quen me envia os datos, puxeronno pra dar empaque a fotografía, (xa que o de entrenador, era algo dificil, ¡non habia pra zapatillas, iban ter pra entrenador").
Grazas Ixia polos apuntes, e agardo recibir algún mais.

13/6/09

A fonte das Caldas

Evidentemente non é das máis espectaculares, e para ser sincero, nunca a vin, non se se segue no seu emprazamento, que segundo me din era na beira da entrada do cemiterio das Caldas, a fotografía é, (como non), de Pacheco, e foi obtida no ano 1959.

12/6/09

"Radio Perez"

A verdadeira entrada deste negocio ainda tardara en estar feita, pero pra que empeze a rebulir nos recordos, hoxe póñovos este pequeno anuncio.
Era unha das millores tendas de electrónica da cidade, dende logo non a primeira, esa honra "penso" que lle correspondeu a "La Electra" da Rúa do Instituto, pero volvendo a Radio Pérez, pra mín representaban unha parte importante das miñas festas de Nadal, (falo das miñas, xa que cada un ten o seu xeito de vivilas, e sei que o que pra mín ten importancia, pode ser que outros trivializenno totalmente), esta empresa era a que se encargaba de pór musica nas rúas, durante as festas, que eu recorde, puñan uns altofalantes grises, ao longo da Rúa do Paseo, e a de Santo Domingo, co cal o ambiente que se vivía, era de Nadal por todas as esquinas.

"La Barra"

Agardo que non mo colla mal, pero penso que estou a utilizar a Don Santiago, nos ultimos días estoume a aproveitar das suas colaboracions, pra sacar entradas con pouco traballo, (que non se me incomode).
Hoxe escuso darlle á tecla, xa o fai el.
"Mándoche hoxe unha foto do grupo "La Barra" que actuou no Principal no ano 29 ou 30, en plena febre do tango.
Os tres que estan de pé son a miña nai e dous de seus irmaos: ela bailaba co dos lentes, e o outro cantaba os éxitos de Gardel.
O que aparece a esquerda da foto que hoxe te mando, con un banxo (¿un banxo para tocar tangos?, que cousa mais curiosa) é Antonio Román, fillo do farmaceútico da Alameda, o que foi director de cine."

11/6/09

"Bazar Puga"

O fio da anterior entrada, eiqui vos deixo un anuncio publicitario do ano 1931, publicado na revista Autoaeroclub de Galicia, do negocio que tiña Don Ramón e mailos seos irmans, antes de meterse na aventura da radio.
Se lestes a pequena historia do link que vos deixei, xa saberedes que un dos motivos de abrir a emisora, foi para publicitar os artigos que vendía no seu bazar.

"Radio Puga" (perdón) "Radio Orense"

Entrada remitida por d. Santiago Mosquera, e fotografia cedida por Daniel Bouzo ca autorzacion de Radio Ourense . (o estudo da rúa das tendas no ano 32)

Os comezos da radio en Ourense, foron da man dun home emprendedor e polifacetico, Don Ramón Puga Noguerol, e ainda que de certo fara mais visitas neste blogue, a primeira sirvema en bandexa don Santiago Mosquera, lembrando anecdotas simpaticas do bo de Don Ramón.
"D.Ramón, o principio, faciao todo il: lía as noticias dos teletipos ( un día, tras ler un teletipo que falaba dun accidente de tren con moitos mortos e feridos, non se lle ocurreu miñor maneira que rematar con: "...afortunadamente, no hubo que lamentar desgracias personales"), puña os discos na gramola, facía retransmisions en directo ( narraba a cabalgata de Reis "desde el excelentísimo balcón del Ayuntamiento") e facía el mismo a publicidade dos comerciantes que llo pedían; entre eles estaba Almacenes Duran, e D. Ramón, que lle gustaba moito improvisar, dixo enfáticamente polo micrófono: "Almacenes Durán... que poco durarán". Non sei o que duraron ditos almacenes, pero parece que D. Ramón non lle auguraba moito porvir."
Si queredes unha breve historia desta emisora, tedela eiqui.

10/6/09

Ebanistas


O anuncio é do ano 1931, daquelas era moi habitual para montar un negocio, requirir a colaboración dun ebanista, en moitos casos auténticos artistas, rebuscar no blogue as fotos do Banco da Coruña, ou máis sinxelo, achegarvos a tomar algo (se me chamades déixovos que me invitedes), ao Latino, ou ao Real, eses dous locais, e posiblemente algún máis que agora non recordo, manteñen o estilo doutros tempos.
Modificado*
Sinceramente teño que recoñecer, que se está convertendo nun pracer realizar as entradas.
Un grupo dos meus lectores, entre os que quero citar (sen desmerecer a ningún, pero estes, son os que sempre que pido colaboración, antes de terminar o día xa teño un mail), a Don L. Mazaira, Don S. Mosquera, Don X.L. Carrión, Don E. Ferro, e Don R. Branco, que me están prestando fotografías, e nalgún caso ata me facilitan os comentarios.
Esta ampliación da entrada, é froito da dilixencia dun destes cabaleiros, ao cal non cito, porque cando publico documentos de calquera tipo, prefiro non identificar ás persoas, a non ser que se me pida de forma expresa.
Remítenme esta factura, (que eu pagaría gustoso hoxe en día), dun despacho profesional que acondicionou precisamente a Casa Rodríguez, obxecto desta entrada, e con ela, recórdanme que esta casa tamén realizou o espectacular traballo de ebanistería da Farmacia Cobián, (Fábrega, no Paseo).
"Ambolosdous" , traballos, estan como o primeiro día a Farmacia podese ver, e o despacho, polo que me dín.
Eu penso que e posible que hoxe ainda estean mellor que o primeiro día, a madeira e o que ten.

"Orquesta Nuevos Ritmos"

Fotografia propiedade de Don Avelino Vázquez (Bar Goméz).
As festas habíaas, e sen orquestra non eran festas.
Pola provincia nos corenta comezaron a xurdir grupos de músicos, de bastante calidade, pero por desgraza sen ningún tipo de apoio, o cal termino por convertelas nalgúns casos, en grupos de amigos que tocaban nos pobos próximos e con moita fortuna na cidade.
Na fotografía preséntovos a unha das mellores "Los Nuevos Ritmos" de Leiro no ano 1945.
Se tedes datos das identidades, agradecería que mos facilitásedes.
Pido desculpas a Julio Freijido, (blog http://maquians.blogspot.com ), por non cederlle esta fotografía, pero e que non me deixaron.

9/6/09

A Feira do Automóbil de 1925

Lin esoutro día uns artigos sobre a historia do automóbil na nosa cidade.
Nun deles lembrabasenos que o OR-1 foi propiedade de Don Isidoro Temes, e a súa esposa Dona Angelita Varela, que matricularon o seu Mercedes o 1 de Setembro de 1906, e o OR-2, era o Berliet de Don Manuel París, noutro dos artigos cóntasenos a aparición lenta pero enraizada de talleres e distribuidores de automóbiles.
Deste desenvolvemento eu móstrovos outro nivel; o avance foi tal que no ano 1925 celebrouse "A feira do automóbil", no Xardín do Posío, auspiciada polos distribuidores xa establecidos, (Bouzo- *Hudson*, Bobillo-*Fiat*, Mangana- *Hispano Suíza*, John James-*Ford*) e por fabricantes en busca de distribuidores, (Renault, Citroën etc.).
Observade na fotografía o espectacular Renault, e un detalle importante, nas feiras de hoxe en día os vehículos adórnanse con señoritas, (o machismo do automóbil?), naqueles anos o propio vehículo era capaz en por si de chamar a atención, ao seu lado dispúñase o seu "chauffer- mecánico", supomos que para dar as explicacións pertinentes aos interesados clientes, e ao mesmo tempo protexer ao seu vehículo das ansias infantís de tocar todo o seu instrumental.

Autos Luis Gomez

Cando xa foi evidente que "A Carretera", estaba a se converter, no centro economico da cidade, dado a instalación o largo dela de moitos dos negocios da cidade, Simeón, Villanueva, Lombardero, Alvarez, etc, ca instalación de hoteles e pensions, deu lugar a aparición de pequenos negocios, imprescindibles pro desenrolo dunha normal actividade.
Un deles, foi idea de "Don Luis Gomez", bisavo,(se non me engano), do amigo Paco Ropero, que abriu una empresa de Coches de Alquiler, que de seguro tivo un moi bo funcionamento, non en vano estaba tan cerquiña do Roma (ou daquelas Fonda da Cuanda).
A fotografía a simple vista coido que se corresponde co comenzo do seculo XX, xa estaba feita a Deputación, e o Simeón, pero ainda non vexo o cartel da "Industrial", e o negocio de don Luis estaba onde despois estivo Benito Alonso Santorum, co cal antes de vinte ten que ser.
Xa sabedes que admito correccións.

8/6/09

A mesa camilla

Hoxe vai de exercicios, pero esta vez sen gardarse nada.
Sabedes a que salón pertence este rinconciño?.
Para axudarvos a descubrilo, aparte de que a fotografía que decora a parede, para moitos será moi elocuente, direivos que nesa "camilla", gustaba o anfitrión de invitar aos seus mozos visitantes a un chocolate, dos de antes, nos que o churro, (neste caso os anacos de pan cortados ao longo), quedaba de pé.
Mentres os pais e demais visitantes de idade adulta, degustaban un café con pastas case sempre da confeitería "A Trinidade", aínda que en ocasións eran de "A Coruñesa", (por proximidade, se había urxencia por agasallar aos interlocutores, xa se collían aí).

Exercicio

Un dos meus seguidores, ten esta fotografía, da que me envia soo unha parte, eso si promete enviar o resto, cando teña identificados a todos os persoeiros que nela aparecen, segun do me di, por ahí andan Don Ramón Otero Pedrayo, Don Ramón Cabanillas, Don Francisco Fernández del Riego, Don Domingo Garcia Sabell, e coido que un ben querido parente meu; a presenza destas persoas, despertan o meu interese, pero o problema de sempre, faime acudir a vos, a mín faltame o tempo.
O amigo quere que lle axudemos a ubicar a fotografía, penso que os habituais de Santiago terano facíl, xa que eu penso que e de alí, e de paso si algún dos personaxes da imaxen e coñecido, seria interesante que mo dixerades pra que poida confirmar datos.
Tentade colaborar enviando datos o meu mail rafasalgado586@hotmail.com .
A mín gustariame ver o resto da imaxe, e prometeume facelo si lle axudamos.

7/6/09

A pandilla da alameda


Nuns días, supoño que se realizará dentro da programación das festas de Ourense, a reunión dos amigos dos sesenta.
Para recordárvolo, tráiovos a este grupo de cabaleiros, Carulo, Guede, Montes, Tino, Mazaira, Higinio e Junquera, falta Arcas (Pepelin), que andaba de "xira" por Sudamérica. (Ano 1966)
As pandillas en Ourense, é un costume que aínda que non desapareceu, os tempos fixeron que cambien tanto, que o concepto non é o mesmo, un día habitual para que vos fagades unha idea era parecido ao que vos vou a contar, (aclaro que se refire a un grupo xa entre os 18 e os ti tantos, unha mañá de verán).
.- A iso das once, que non é cuestión de ser o primeiro en pisar a rúa, saímos de casa rumbo á oficina, "A Alameda", alí nos bancos que gentilmente ponnos o "Untamiento", esperamos a chegada dos fregueses máis lentos, comentando os feitos acaecidos na verbena, ou "boîte", (segundo o día), da noite anterior, teño que resaltar que este era o momento da habitual partida de parchís, (explícome na noite había un momento crítico, que era o dos falcóns, no que cada cal íase polo seu lado á caza e captura de peza, co cal había especímenes que escapaban ao control do resto da manda, e ao día seguinte contaban vinte por cada unha que comían, nalgunha ocasión supoño que sería verdade, refírome ao de que comían unha, o das vinte ???).
.- Con esas sisudas discusións, daban as dúas, e había que ir comer, que non todo vai ser traballo.
.- Ás tres como cravos, (masticando o ultimo bocado) todos no despacho do presidente, "Alberto o do Bar Alameda", o que non conseguía chegar era por que algún dos proxenitores tivo algunha ocorrencia e a rapidez de reflexos necesaria para conseguir encargarnos algún recado, (aquí era onde se notaba quen tiñan futuro no fútbol e quen non, o "dribling" é unha habilidade que se ten que adestrar a diario).
.- De tres a seis, duro traballo mental, (menos mal que o presidente provía de cervexas que aliviasen a calor, e o esforzo), había que decidir o importe das "Poxas", ou se a vida vai a máis ou a menos, "tute"ando ao compañeiro, ou outras ocupacións similares, segundo o día.
.- As seis, (o primeiro instante crítico do día), había que volver ao banco, a esas horas chegaban as Secretarias, e o seu era estar un pouco antes que elas ocupando praza, (sempre é mellor que se acheguen elas, en caso de altercado, sempre queda a socorrida saída do macho, ¡oe!, que fuches ti quen se achego, que eu xa estaba aquí.), pero o asunto era (por iso o de instante critico), que antes de ir ao banco uns tiñan que achegar a barriga á barra, e os outros aproveitaban para ir ao baño, (as cervexas xa se sabe), os primeiros a parte do desgusto por ter que cotizar, estaban en desvantaxe o resto da tarde, non se podía abandonar o banco, os voitres sempre estaban á que saltaba, pero aos poucos a necesidade de evacuar a cervexa, íase facendo máis necesaria, ata perentoria en ocasións, momento ese que aproveitaban os voitres para o "mítico", ¡Pili! teño que facer un recado acompáñasme?.
Continuará..........

6/6/09

Artistas Voluntarios

Xa está decidido, os fins de semana vounos reservar, pra as "peticións", en ocasións os meus provedores, aos que lle estou moi agradecido, pídenme que publique algunha das fotografías que me ceden, por algunha razón persoal, sinceramente, non me podo negar, e por iso todas esas peticións no canto de agardar cola a que lles toque saír á pasarela do blogue, coareinas, ensinándoas os fins de semana, (as recomendacións por certo é outra das tradicións deste país).
Para inaugurar este costume, preséntovos esta imaxe, trátase dunha actuación na Sindical a comezos dos 60, dun grupo que se vos fixades integrábao xente coñecida, por aí están dous compoñentes do grupo Benposta, coa colaboración especial de Lisardo Mazaira, á guitarra.
O titulo da entrada, refírese á forma de captar aos músicos para a actuación, recordades, (os que fixechedes a mili), a forma de conseguir voluntarios?.
¡Fanme falla dous voluntarios!, por exemplo ti e o ti.
Pois daquelas gozaban Lisardo e Frean dunha vacacións pagadas polo estado, no Zamora 8, e cando se decidiu organizar un concerto para celebrar a patroa, eles ofrecéronse "voluntarios", iso se o "cheque" se que se ofreceu voluntario para botarlles unha man, os amigos son os amigos.

5/6/09

"O carro e o Home"

De certo, temos que recoñecer que a vida está infestada de coincidencias e casualidades, hoxe nun intervalo de pouco máis de dúas horas, leo na prensa, a sección de percepcións do amigo Moncho Conde Corbal, na que confirma a intención da concellaría de cultura de homenaxear ao recentemente falecido Eloy Lozano, e Don Santiago Mosquera, un bo colaborador, remíteme un mail, que entre outras cousas, dignas de agradecemento que non tardardes en ver, descóbreme un curto cinematográfico recuperado pola xestión do mesmo Eloy Lozano.
Aquí déixovos as palabras de don Santiago, e o curto para que o gocedes.
"Antonio Román, fillo do farmaceútico da Alameda,e que foi director de cine de certo éxito nos primeiros anos do franquismo, e autor no ano 40, en colaboración co Xocas, dun documental precioso: " O carro e o home ", que nunca se chegou a estrear, pero felizmente recuperado moitos anos dispois polo malogrado Eloy Lozano, grazas a que Xocas gardou un copión mudo da cinta, e Eloy convenceuno de que puxera él mesmo a sua voz no documental"




Deixovos eiqui o enderezo orixinal de FLOCOS onde podedes atopar esta e otras xoias.

http://flocos.tv/curta/o-carro-e-o-hom/alta/

4/6/09

O Airiños

Como reza no anuncio, chamábase "Cine Airiños", pero tamén era coñecido como "Parque Airiños".
Nos anos 50 a cidade tiña unha serie de zonas de reunión, e diversión, o Parque Airiños era unha delas, situado aproximadamente onde hoxe está a biblioteca provincial, na rúa Concello, e achegándose o solar cara ao cruzamento da actual rúa de XOÁN XXIII, desenvolvíanse nel desde partidos de baloncesto, a exhibicións de cine ao aire libre, (que e o que se publicitaba no anucio que mos mostro), pasando por bailes dominicais.
Tamén existía o "Parque Bouzo", situado cerca do antigo Campo Loña, (o meu amigo Daniel Bouzo terá algo que contar), pero iso esoutra historia.

San Domingos

O fío da entrada anterior, cando se estaba reinaugurando a placa en honra de Dona Filomena, escoite algún comentario sobre como cambiara esta rúa nos últimos anos.
Se por últimos anos, entendemos os 30 últimos, haberá que darlle a razón a quen o afirmaba. Sinto non atopar unha fotografía anterior, a esta, pero creo que xa se pode observar ese cambio na estética da rúa, a casa de dona Filomena, (realmente unha das que a acolleron en vida, xa que habito varias na cidade), xa caera, e no seu lugar (sen comentarios..), enfronte dela caeu tamén unha pequena casiña que moitos recordaredes porque no seu baixo estaba unha das tendas de comestibles, e de todo un pouco, que se utilizaban como remedio de última hora, (de feito nesa rúa na casa da esquina do parque á beira da farmacia, estaba outra delas que chamabamos "O Corte Íngles" pola súa gran variedade), tamén estivo aí, ata fai ben pouco a Xoiería "Eligio Rodríguez", a continuación recordo un solar baleiro moitos anos, que por mor da construción das galerías Viacambre, (previa caída do "Chalé Losada"), converteuse en zona de paso.
O seguinte que vedes na imaxe, é o balcón da casa dos Malingre (que finalmente tamén caeu, e xunto co solar pasadizo anterior, deu paso á parte superior das Viacambre.
En primeiro plano podedes ver negocios desaparecidos, "Radio Pérez", (que posiblemente sexa protagonista dunha entrada posterior), Calzados Mallorca, Babarro, Campos etc.
Pois si, algo mudou a rúa.
A fotografía corresponde os anos 70