Consejos y avisos

Os recomiendo visitar los dos blogs, ya que a partir de ahora los días que haya entrada en www.Ourensenotempo.com no la habrá en http://ovrense.blogspot.com y viceversa.

Mail ourensenotempo@hotmail.com

21/4/09

O Rouco

Fotografía propiedade de Don Avelino Vázquez
Se alguén quere coñecer anécdotas do transporte de viaxeiros en Ourense, non ten máis que achegarse a tomar algo ao Bar Gómez en Doutor Fleming, (isto non é publicidade, só unha información verídica); cada vez que me deixo caer por alí, facilítanme entre Avelino e os seus fregueses, algunha entrada, nalgunha ocasión ata con material grafico.
Coa consumición do domingo, no canto dunhas patatillas de acompañamento, servíronme unha ración do Rouco, (non o pidades para mollar no café, que para iso non valía o bo do home).
O Rouco era un daqueles empresarios do transporte de viaxeiros, que sobre os seus ombreiros e nas súas mans levaba todolos cargos da empresa, era o chofer, o revisor, o mozo de maletas, o mecánico, e o amigo; a súa era unha concesión pequena, pero de moita utilización, cubría a liña de Macendo, Puga, Ourense etc; tiña moitas máis paradas no seu percorrido, pero sería longo de relatar, case tan longo como o seu percorrido matutino, cóntanme que saía ás sete da mañá para comezar a liña, e en ocasións recalaba nesta cidade a iso da unha, (a verdade é que as estradas non eran as de hoxe, pero el tampouco era un Alonso da vida).
Tiña a sua administraccíon, (que el mesmo xestionaba), na barra do Bar Lobera, (daquelas Bar Lugo, rexentado polo "Patachica", corrección feito por Don Francisco Amaro Castro, "Paco da farmacia"), no barrio do Couto, (hoxe en día dirixe tan magno negocio Don Cándido, un barcelonista de pro que se ve moi feliz este ano, ¡que o goce!), e contan as malas linguas que alí e en moitas das obrigatorias paradas que tiña no seu percorrido, afacía pedir duas chiquitas, unha para el e outra para o coche, que non era cuestión de empiparse, e así rendía mais o gasoil, (bo se nalgunha ocasión tiña moitas paradas, non había problema, tiñao claro que se vía tres estradas, collendo pola do medio, non se equivocaría).
Para rematar, cóntovos un detalle, para subir ao seu autocar non era preciso ter diñeiro, era moi normal, sobre todo nos meses anteriores á vendima, escoitar aos usuarios, "Rouco "hoxe ponseme mal", e a resposta era "ti pasa que xa veremos".

No hay comentarios: