Consejos y avisos

Os recomiendo visitar los dos blogs, ya que a partir de ahora los días que haya entrada en www.Ourensenotempo.com no la habrá en http://ovrense.blogspot.com y viceversa.

Mail ourensenotempo@hotmail.com

7/4/09

Establecimientos Alvarez

Fotografía propiedade de Fernando del Rio
Moitos de vós aínda lembraredes esta preciosa fachada de madeira, non fai moito que caeu, (bo, depende do punto de vista , debe facer uns 25 anos), a súa localización era pegado ao hotel Roma, e no baixo como podedes ler na fotografía, estaba situada a sucursal Ourensá dos establecementos Álvarez, que familia non tiña o enxoval do fogar comprado nese local, alí foi onde comezaron a verse as vaixelas "duralex", e no seu periplo, aínda se viron no seu escaparate as variedades verde e ámbar, que avance!!!!!!!

Aquí tedes tamén o proxecto orixinal de de Don Daniel Vazquez-Gulias, realmente era unha reforma, non era obra nova, o edificio orixinal fora obra de Don Antonio Crespo, para o chalé residencia da familia Feijoo, (do cal estou buscando algunha imaxe, aínda que é complicado, dado que a reforma data do 1907, Pacheco proverá!!).

No hay comentarios: