Consejos y avisos

18/3/09

Outra Chevrolet

Temos que recoñecer, que a súa situación era envexable, esa esquina era das máis transitadas, se non a que mais, durante o Século XX.
Á marxe de que tivese unha estética moi peculiar e rechamante, o certo é que durante a súa existencia, deu varios e valiosos servizos á súa cidade.
A falta de confirmar datas, e algún momento da súa historia, nestes momentos, os datos fiables que coñezo deste edificio, son: Comezou a súa andaina cara ao ano 1922, sendo a sede da representación dos vehículos "Chevrolet", (segundo algunhas fontes, vendíanse os automóbiles habitualmente por encargo, e na zona traseira, (como se ve nesta fotografía era bastante ampla), realizábanse as reparacións) de aí o nome polo que se lle coñeceu durante a súa existencia, a pesar de cambiar de ocupantes en repetidas ocasións.
O segundo paso (sen confirmar datas), foi ser a sede do "Banco Hispano Americano", durante a guerra como vedes na fotografía foi a oficina de información de "Frontes e Hospitais", e posteriormente (é onde me faltan máis datos), cónstame que foi durante un longo período, o "Bazar Pedro", "Banco da Coruña",(Vou facer unha aclaración, para aforrarvos comentarios.
Na fotografía podedes observar que o edificio cara á rúa Paseo, tiña 6 arcos; nunha data que descoñezo, os tres últimos, foron separados do resto, dando lugar á aparición doutro local de negocio, foi neste como algún de vós comentoume, onde se instalou o "Bazar Pedro", tamén é certo que esquezin nomear ao "Bazar Outeiriño", que ocupo o mesmo local, hoxe ahí esta unha tenda de moda, descoñezo a cronoloxía, pero xa sabedes que admito datos que completen a información.
En próximas imaxes do edificio, (que por fortuna teño), poderedes ir vendo a confirmación a estes datos.
Mergullando polo blogue, xa tedes unha na que se ve o "Banco Hispano Americano")segundo parece tamén chego a albergar durante un curto período ao "Banco Central", e actualmente xa co edificio novo é a sede do B.B.V.A.
As fotografías forman parte da colección do meu amigo J.V. das que xa vos mostrei outras dúas dos actos do funeral en memoria de D. José Calvo Sotelo, e a xúra de bandeira dos alféreces de Ávila, o 13-7-1938.

No hay comentarios: