Consejos y avisos

Os recomiendo visitar los dos blogs, ya que a partir de ahora los días que haya entrada en www.Ourensenotempo.com no la habrá en http://ovrense.blogspot.com y viceversa.

Mail ourensenotempo@hotmail.com

5/3/09

Colexio Cardenal Cisneros

Ao facer a anterior entrada do colexio Cisneros, remordeume a conciencia, ao decatarme de que o tiña moi esquecido, e coido que iso é un erro imperdoable.
Para tentar resarcir á comunidade colexial de Cisneros, tentarei facer varias entradas para contarvos como foi a súa andaina por esta nosa cidade.
Por falta de tempo, hoxe limitareime a contarvos, que polas súas aulas pasaron, intelectuais como os citados na anterior entrada (que participaron nas fusións que deron lugar ao colexio), e xente como Don Joaquín Lorenzo "Xocas", Don Luís Fernández "Xesta", Don Antonio Jaunsaras, Don Albino Núñez, Dona Rocío Areán, Don Antonio Zorelle, Dona Esperanza G. Randulfe, Don Celso Pereira, e moitos máis que aos poucos ireivos recordando, (se vos fixades a lista do profesorado semella un rueiro da cidade, por algo será).
O debuxo mostra unha aproximación feita por Francisco Boluda, do colexio situado á entrada de rúa Doutor Marañón, a dirección era Barreira 8, e estaba situado á beira do edificio coñecido como SEFER, por estar alí bastantes anos o taller de confección así chamado, ademais da tenda ao publico do mesmo nome, (anteriormente o taller había estado no edificio anterior da rúa Doutor Marañón, pero iso é outra "hestorea").

No hay comentarios: