Consejos y avisos

Os recomiendo visitar los dos blogs, ya que a partir de ahora los días que haya entrada en www.Ourensenotempo.com no la habrá en http://ovrense.blogspot.com y viceversa.

Mail ourensenotempo@hotmail.com

3/3/09

A barcaza de Oira

Moitos de vós xa coñeceredes esta instantánea, publicouse en varias ocasións.

Fotografía Pacheco (Propiedade Arquivo Municipal)
A barcaza de Oira foi a primeira idea que xurdiu para poder gozar o que era a Praia de Ourense, ata que se monto no Miño, (na mesma zona onde hoxe están as piscinas), alí gozábase do sol e a auga soamente a conta do areal natural que se formo na zona.
A barcaza non eran máis que uns bidóns cunha estrutura de madeira, pero eran a delicia dos nosos pais, (bo, os dalgúns), segundo cóntanme aínda resistiu en pé uns tres anos, ata que se retiro pola inminente apertura das piscinas actuais, na última fotografía podedes observar que xa se estaba construíndo a instalación para as piscinas municipais.

No hay comentarios: