Consejos y avisos

Os recomiendo visitar los dos blogs, ya que a partir de ahora los días que haya entrada en www.Ourensenotempo.com no la habrá en http://ovrense.blogspot.com y viceversa.

Mail ourensenotempo@hotmail.com

10/3/09

As Ermitas

No municipio de "O Bolo" comarca de Valdeorras, (provincia de Ourense) e vixiando o "apacible" curso do Bibey atópanse o pobo e o Santuario das Ermidas.
Dous motivos totalmente opostos foron os que deron a coñecer estas terras, o primeiro e sen data exacta, posiblemente no século VII, a aparición dunha imaxe da virxe, que deu lugar logo doutros actos intermedios, á construción do Santuario.
Aquí déixovos o texto do manuscrito conservado no Santuario que relata o achado.

O outro motivo máis triste e luctuoso, foi o desprendemento de terras que sepulto unha parte do pobo, e desgraciadamente a varios dos seus habitantes, no ano 1909.
Aquí déixovos imaxes da catástrofe.
Don Rogelio Fernandez, Alcalde de O Bolo, naqueles intres, contou ca colaboración do rector do Santuario, xunto con toda-las, forzas vivas da zona e os limitrofes, como exemplo resaltar a parte do traballo inestimable da Garda Civil dos destacamentos cercanos, a grandisima axuda aportada po-los soldados do reximiento Murcia, baixo o mando do Capitán Lence, que fixeron practicamente a man o desescombro, xa nos po-la escaseza de medios da epoca, se non por o extremado coidado necesario na busqueda de posibles superviventes, non esquecer que a montaña derrubouse enrriba de varias casas, de feito nunha delas sete persoas perderon a vida.
Fotografías da Revista "Blanco y Negro" do ano 1909
Dedicolle esta entrada a un novo lector, que ten fortes lazos persoais na zoa.
Podedes visitar o seu blogue de Xenealoxía, neste enderezo.

No hay comentarios: