Consejos y avisos

Os recomiendo visitar los dos blogs, ya que a partir de ahora los días que haya entrada en www.Ourensenotempo.com no la habrá en http://ovrense.blogspot.com y viceversa.

Mail ourensenotempo@hotmail.com

16/1/09

Unha fonte viaxeira

Feira.
Nesta cidade o tema fontes, sempre tivo o seu aquel??.
Hai quen di que son roubadas, hai quen considera que se rescataron, en fin, opinións que cada un ten a súa, e todas téñense que respectar.
Non é iso o que eu quero recordar, as fontes desta cidade, o que ninguén pode discutir é que foron sempre moi viaxeiras, a ver se vén de aí "a afección do Ourensán por emigrar".
Algunha hai que xa coñece dous ou tres zonas verdes, outras son mais de prazas, en fin "liberdade", coido que elas non deciden moito.
Esta da imaxe en concreto estaba pasando unha tempada no campo da feira (o cabo do rio, preto do pabellón), facendo unha substitución dunha pequena que xa vos ensinarei outro día, pero viña dunha Praza (creo?, ou ía xa non o sei ), a do Trigo, isto póñoo con todas as cautelas, porque xa non lle dou máis voltas dixéronme que era a Fonte Nova.., que si ..que era, pero antes non tiña o depósito., que non era a Fonte Nova, que o remate era diferente....., a mín non se me asemella nadiña, pero......
Opinade vós se facedes clic na pestana fontes, apareceravos debaixo desta, a Fonte Nova, e un pouco máis abaixo a actual fonte da praza do trigo.
Agora en serio, a Fonte Nova creo que é evidente que non é, o que si é, é a mesma fonte que actualmente ocupa o lugar da Fonte Nova, onde está a Fonte nova???????????????.
Se algún ten datos agradeceríalle facilitásemos.

No hay comentarios: