Consejos y avisos

Os recomiendo visitar los dos blogs, ya que a partir de ahora los días que haya entrada en www.Ourensenotempo.com no la habrá en http://ovrense.blogspot.com y viceversa.

Mail ourensenotempo@hotmail.com

26/1/09

Ourense enteiro (A Solución?)

1 A igrexa de San Francisco (Franciscanos) aínda estaba no seu emprazamento orixinal, foi trasladada no 1929.
2 O "Labadero" municipal estaba a continuación da "Casa de Baños", non me consta en que ano se traslado á zona inferior do Rianxo, pegado ao Barbaña, e actualmente nos baixos da praza de Abastos.
3 A falta da Praza de abastos, non nos achega ningún dato, xa que habería que esperar ao 1932 para que se construíse.
4 Se a vista non me engana a rúa Progreso como moito era un camiño, a primeira vivenda fíxose no 1840, e a rúa como Estrada Vigo-Villacastín abriuse no 1863.
5 En 1903 o Sr. don Daniel Vázquez Gulias dirixe a reorganización da Horta do *Concello, entre as accións acometidas, estivo a substitución do antigo palco da música de madeira, por un de pedra e ferro, con ornamentos da Fundicion Malingre
6 O Hospital de San Roque desapareceu definitivamente en 1927.
7 Podemos ver o patio da casa da marquesa, que foi o patio de recreo do colexio Cisneros, desapareceu na segunda metade do século XX para dar entrada a Rúa Doutor Marañón.
Moitos dos que me mandastes datos coincidides en todo isto, co que estou de acordo, (recordo que o meu é afección, e os que me enviaron comentarios, na inmensa maioría fixérono de forma anónima, nin sequera permitíronme saber a súa idade, como lles pedía, queren manterse no "economato" como lin hai pouco (de broma).).
As dúbidas xorden nos tres círculos azuis marcados como a,b,c.
O a é o que mais me intriga, e non son capaz de identificalo.
O b aínda que dous de vós dixéstesme que é a capela dos Remedios, a min non me cadra.
O c segundo algún é o patio das Josefinas, pero non me encaixan nin as datas, nin o emprazamento, aínda que esta cerca.
Manteño aberta a porta a futuros comentarios, e sobre todo agradecer os 34 que me enviastes, aínda que é certo que os 11 primeiros non se molestaron moito e limitáronse a contarme que faltaba todo o do primeiro plano, pero aínda así a intención é o que conta, e doulles a todos as grazas.
Aínda que o habitual, é que non publique os comentarios, neste caso vinme obrigado a romper a norma, un novo colaborador, envíame resposta a unha das dúbidas, nese punto é o primeiro que me ofrece esa opción, que é a que eu barallaba como óptima, pero a falta de referencias, e a falta de claridade da foto nese punto, tíñanme indeciso, segundo Txuspi, (supoño que será un alcume), trátase da capela do San Lázaro, podedes vela noutra entrada, Prazas "Outeiro dá Forca".
Por certo, grazas tamén porque de 71 comentarios realizados é o primeiro que pon a idade, ou sexa non lle preocupa tanto o "economato".

1 comentario:

Txuspi dijo...

Teño 26 anos e penso, por non dicir que estou seguro, que a opción "b" é a capela de San Lázaro (que hoxe stá no Peliquín e antes, tal e como aparece na foto, no Parque).
Non son os Remedios porque está nunha cota moi elevada da cidade, dende onde foi tomada a foto non se poden ver os Remedios nin a Ponte Romana, sen embargo sí o campo de San Lázaro, que tanto por posición no plano da cidade (en liña recta coa porta norte da catedral) como pola arquitectuta do edificio, así como pola súa orientación (a fachada da capela miraba cara a actual rúa do Paseo, tal e como figura na foto) está claro que é a capela de San Lázaro.