Consejos y avisos

21/1/09

O Rizo II

Volve visitar este blogue un dos insignes fotógrafos ourensáns, dos que se dicían "de rúa", Don Xosé Vázquez Arias.
De xeito moi meritorio xa se publicaron (que eu saiba), dous libros sobre o traballo de Don Xosé, un sobre as feiras do rural, e outro do seu traballo en xeral.
Como xa fixen na outra entrada, quero elevar unha queixa amable, pero queixa, porque Don Xosé paso tamén moitos días traballando entre os ourensáns da cidade.
Hoxe presentareivos mostras diso.
Estou de acordo que ía a feiras e festas do rural
Ata que andaba buscando futuras promesas do deporte Ourensán
Pero non se perdía un baile do Liceo
E cando o chamaban para inmortalizar unha voda na cidade, alí estaba Don Xosé
Tampouco se perdía un día de festa nos maios
Pero o seu, era pasear a rúa, en busca de cabaleiros dignos de ser retratados.
Para non facer a entrada excesivamente grande deixareino aquí, pero seguirei noutro momento.

No hay comentarios: