Esta entrada non deixa de ser unha amable vinganza, cara a estes profesionais, que se empeñan en retratar a todo o mundo, e con todo eles como é lóxico, ponse sempre detrás da cámara, e a súa imaxe queda en moitas ocasións no esquecemento, non así o seu traballo (por fortuna).
Esta parella pode presumir de facer viaxar por todos os medios a moitos ourensáns, o mesmo mandábanos a realizar unha travesía en barco, que os facían viaxar de Santiago a Madrid en avión.
Co paso do tempo, a familia aumento, e tamén se produciron varios cambios en canto á súa localización, deixaron as barracas da Alameda, para pasar á Avenida de Pontevedra, ata que por fin instaláronse no seu local actual na rúa Progreso.Lisardo Mazaira Saburido, ata a súa xubilación, non só conseguiu manter o prestixio do seu estudo, se non que o aumento, froito da súa afección ao deporte, raro é o equipo ourensán que non se teña posto diante do seu obxectivo, de feito a historia en fotos do Clube Deportivo Ourense, seria imposible sen a súa contribución.










