Consejos y avisos

Os recomiendo visitar los dos blogs, ya que a partir de ahora los días que haya entrada en www.Ourensenotempo.com no la habrá en http://ovrense.blogspot.com y viceversa.

Mail ourensenotempo@hotmail.com

9/12/08

"A Molinera"

Unha xoia.
Fotografía propiedade de Dona Lourdes Glez Rodicio, cedida por Don Miguel Doval.
Ao pé da ponte de Marcelo Macías, resiste aos embates do progreso este edificio, o seu valor arquitectónico, é "escaso", á marxe de que é a única cheminea que recorda a antiga industria ourensá, e o edificio cadrado de tres plantas, que se ve na foto, era dos poucos que contaban cun tellado a oito augas, algo moi orixinal e raro en Ourense.
Para os nosos maiores, é moito "mais".
Na posguerra, establecéronse uns postos de "Fielato", eran puntos onde se cobraba un imposto aos campesiños, que traían os seus produtos á cidade, iso encarecía o produto, e restrinxía o seu acceso a parte da poboación, xa empobrecida per se, entón xurdía a picaresca, (nalgún xeito consentída?).
Onde hoxe esta o edificio de telefónica, estaba situado neses tempos un dos fielatos, e "A Molinera era o lugar perfecto, para facer unha parada antes de entrar á cidade, a escusa era o deixar algo de gran para moer e recoller ao marchar, (era para uso persoal) e de paso botar un grolo que sempre había bo viño, o tema era que entre o gran sempre quedaba parte do resto da mercancía esperando un momento mais propicio para pasar, o normal era esperar á noite, (para non molestar ao persoal do Fielato, que xa tiña demasiado traballo), e en moitos casos, utilizar véredas do Barbaña, para gozar da paisaxe ribeirega, ou achegarse á "Casa de Baños", (que a hixiene é importante, e a auga da Burga e mediciñal).
Do outro lado do fielato, actual Avda. de Zamora, e arredores do Posío, xurdiron mesóns,e tabernas, que por necesidade dos fregueses, pechaban a moi altas horas, ou non pechaban. (hoxe chamaríanse postos de traballo indirecto), posiblemente o Bocas e o Milhomes (Esmorga) coñecesen moi ben ese ambiente, "con premiso dá súa cara", xa que frecuentaban a taberna da tia Esquilacha, situada na zona.
"Salvemos a Molinera".
Grazas a Don Miguel Doval, por prestarme esta magnífica fotografía, e a Dona Lourdes González Rodició, por habela conservado.

No hay comentarios: