Consejos y avisos

Os recomiendo visitar los dos blogs, ya que a partir de ahora los días que haya entrada en www.Ourensenotempo.com no la habrá en http://ovrense.blogspot.com y viceversa.

Mail ourensenotempo@hotmail.com

21/11/08

Don Jose Samaniego II

"Peor que ignorar algo é non recordalo", esta frase lapidária vén a conto, de que ao facer a entrada de Samaniego, (a primeira), recoñecín a miña ignorancia sobre este gran fotógrafo, o caso é que debido a un comentario de David Paz Nóvoa, ao cal llo agradezo, acordeime dun señor que lera dedicábase a facer proxeccións de cine no Liceo, e que colaboraba con Revistas da época, esta era "Don Jose Samaniego".

A falta de mais exactitude, "Samaniego", recalou na nosa cidade, e montou o seu estudo profesional na Rúa Luís Espada 13, ao pouco tempo as excelencias do seu traballo, convertérono en colaborador habitual da revista "Blanco y Negro", na cal publicou fotografías como a do "Conde de Bugallal na recepción do Bispo Cesareo", e outras como a que podedes ver mais abaixo. (Da festa da fror hoxe Bandeiriña).
Con todo a colaboración que mais nome deulle entre a cultura galega, foron as contribucións que realizo á "Revista Nós", no número 5, aparece unha fotografía realizada por el a un carboncillo de "Farruco Lamas", e no número 12, aparece como colaborador na contraportada, por unhas fotografías realizadas a material arqueolóxico.
Cando dispoña de tempo seguirei revisando, e se encontro mais material, procurarei facer outra entrada deste artista.
No ano 1925, substitúe ao empresario Eduardo Barbagelata, na concesión para a proxección de filmes cinematográfícos, nos salóns do Liceo Recreo Ourensán.
Segundo podemos ler nun articulo de David Paz Nóvoa do libro "El Liceo de Orense 1850-2000", "Samaniego mantiña relación coa empresa de distribución Méndez de Laserna, radicada en Vigo, a cal lle fornecía un amplo catálogo de filmes.
Así mesmo dispuña dun aparello proxector da marca Gaumont de dobre lanterna e dous condensadores".
Nese mesmo articulo, menciónase a bolsa obtida para aprender novas técnicas en Hollywood durante o 1930, e por outra banda, cónstanos pola existencia dalgunha fotografía de estudo con selo da Coruña, que tamén na cidade herculina gozaron da súa arte.

No hay comentarios: