Consejos y avisos

Os recomiendo visitar los dos blogs, ya que a partir de ahora los días que haya entrada en www.Ourensenotempo.com no la habrá en http://ovrense.blogspot.com y viceversa.

Mail ourensenotempo@hotmail.com

3/11/08

Centenario e cincuentenario Maristas Ourense

Como xa vos informei fai varias entradas, os Irmáns Maristas, celebran a partir de hoxe día tres de Novembro, o centenario da apertura do seu primeiro colexio, "Los Santos Ángeles", o que non sei si vo lo dixen, é que tamén nestas datas, celébrase o cincuenta aniversario da apertura do colexio actual o Colexio Maristas "Santa María".
Tras varias xestións que comezaron o ano 48, os irmáns regresan á cidade, coa idea de asentarse definitivamente nela, de primeira intención, conseguen unha localización provisional no antigo Sanatorio do Doutor Pol Piñeiro, na Avenida de Pontevedra (Pereira 5).
Pero o seu obxectivo é a construción dun novo colexio, que premie as expectativas e colaboración de todos os ourensáns involucrados no seu regreso.
Para iso no ano 1954 comezan a traballar na busqueda dun lugar axeitado para facer o novo edificio, atopanno na rúa Bedoya, e o ano 1956 ca colocación da primeira pedra, darian inicio as obras, que culminarían a tempo de comezar unha nova etapa, xunto a un novo curso no ano 1958.
Con ese motivo móstrovos hoxe as fotos da colocación da primeira pedra, así como varias das obras.

Aquí podedes observar os métodos utilizados neses anos, para construír en altura.

Nestoutra vese o desterro necesario, para a cimentación e instalación dos baixos do colexio.

Fachada a Rúa Bedoya
Hoxe no hall de entrada do colexio ás 8 da tarde inaugúrase, a exposición fotográfica, dos 100 anos de presenza Marista, e dos 50 anos do novo colexio, á cal o director Don Alfredo Veiga invita a todos os ourensáns.

No hay comentarios: