Consejos y avisos

Este viernes dia 15 y hasta el dia 8 de enero comienza el periodo navideño en OurensenoTempo y Ovrense. Durante esos días al margen de alguna posible sorpresa, solamente tendréis las publicaciones en el diario La Región (los sábados) y el primer domingo de enero en el suplemento Gente Mayor, así como mi colaboración habitual en el especial Nochebuena.
A TODOS MIS AMIGOS Y LECTORES
FELIZ NAVIDAD

Mail ourensenotempo@hotmail.com

26/7/08

Unha amiga nas Burgas

Fotografías cedidas por J.Mª.A.C.
As fotografías corresponden aos anos 40, son dunha amiga, que por discreción e respecto, non direi o seu nome, soamente as iniciais J.Mª.A.C., hoxe ten ao redor dos 60 anos?.
Podemos ver unha parte do muro das leiras que desapareceron na zona das Burgas, para dar paso á rúa Calpurnia Abana, os xardíns de Cachafeiro, e a maioría dos edificios da rúa Doutor Marañón; de seguro que o muro foi testemuña das andainas dos persoaxes da "Esmorga", na zona que se ve, esta hoxe a oficina de turismo. Outro día falareivos dos propietarios desas leiras.

O meu amigo analfabeto (Penedo "La Codorniz" 1963)

Dedicado a todos os "culturetas" actuais, que só buscan beneficio económico "di o que queiras ao amparo da liberdade de expresión, aínda que sexa mentira e prexudique a alguén, o importante é facer caixa". Contrastar as noticias, e tentar ser obxectivo, é unha perda de tempo.
"Coñezo a un analfabeto, ao que non se lle nota, porque sabe disimular moi ben.
Ao reves que a maior parte dos analfabetos, que para despistar, adoitan pasearse cun xornal debaixo do brazo e páranse nos escaparates das livrarías, o meu amigo nunca merca o xornal e nunca ninguén o viu cun libro na mán.
Como todos os que saben ler, o meu amigo o analfabeto follea os xornais mirando só as estampiñas, e cando alguén lle ofrece un libro, descúlpase dicindo que non ten tempo para ler e que ten unha novela empezada desde fai máis dun ano.
O meu amigo o analfabeto, como todo o mundo, fai os seus pinitos literarios, pero sen darlle importancia. Unha ou dúas veces ao ano (como moito) preséntase cun articulo ou cun conto (pasados ao papes por unha irmá), lénolo e vólveo a gardar coma se tal cousa, ou o rompe.
A maior parte dos analfabetos en cambio delátanse deseguido, debido á súa teima de producir dunha forma esaxerada (a maioría, todos os días) e logo de ler a súa produción aos amigos, no canto de gardala ou rompela, diríxense ás redaccións dos xornais ou das revistas, para intentar publicala.
O meu amigo o analfabeto é un tipo intelixente, sinxelo, simpático, que se non fose porque o outro día díxonos que estaba escribindo a letra para unha revista musical, ninguén se houbexe decatado do seu analfabetismo."
Adaptación libre ao galego dun texto de Penedo colaborador da revista "La Codorniz" 1963

21/7/08

Diario "La Región"

" La Región" Diario Ourensán dende o 15-02-1910.
Editado pola sociedad anónima "Acción Social Católica", no seu comezo, na actualidade o Director e Don José Luis Outeiriño Rodríguez, fillo do tristemente falecido Don Alejandro Outeiriño, que no ano 1968, fixose ca práctica totalidade, das acions da sociedade.


Esta entrada non estaba prevista para estas datas, e por iso é tan breve, (como sempre digo, cando poida ampliareina), pero por agradecemento véxome obrigado a facela.
O vindeiro mércores, o diario "La Región" de Ourense, dá comezo á publicación dun coleccionable, de 10 láminas sobre o Ourense Antigo.
Tiveron o marabilloso detalle de titulalo:
"Ourense no Tempo",
sairá os mércores e xoves dende o día 30 de Xullo.
Reitero o meu agradecemento ao diario "La Región", polo detalle que tiveron (non sei si de xeito consciente), con este humilde blogue, ao cal con esa publicidade inmerecida e gratuíta, faranlle un gran favor.
Fotografía da galeria do "Ourense Antiguo" do diario "La Región", na localización que mais ourensáns lembramola. Rúa do Alba (Cardeal Quiroga), tamén estivo unha tempada no edificio que hoxe ocupa "Caixanova" na rúa do Paseo (Edificio Román), e hoxe en día na casa de "Felipe Santiago", tamén na rúa do Paseo.
(Falamos da librería, non da redacción e talleres do xornal)

18/7/08

Plano Ourense 1923?

Este plano publicouse nun folleto do "Patronato Nacional de Turismo", non especifica data, pero varios datos axúdannos a situalo de forma aproximada.


- Estación en Vicente Risco.
- Os nomes de Hospicio e Alba nesas dúas rúas
- A existencia da Ponte Nova.
- A falta da rúa Xoán XXIII.

Fannos supor que é dos anos 1923, ao 1927*. De todos os xeitos non é moi fiable, non ten a rúa San Miguel entre outros detalles.

*Corrección feita por Don Manuel Domínguez Quiroga

Fosfo Glico Kola (1903)


Fósforo, Ferro, etc. (antianemico)
Xa daquelas coñecíanse as bondades da lecitina, hoxe volve estar de moda, porque realmente é un complemento alimenticio, moi beneficioso para a saúde. (vendo á fermosa dama debuxada no anuncio, podería ser a solución para o problema de Anorexia que sufrimos actualmente).

Estatua de Don Ramón

Praza do Correxidor
Sempre lle gusto viaxar, e supoño que para facelo feliz, decidiuse que a súa estatua tamén o podía facer, empezou residindo no Paseo Central da Alameda, e agora nárralles historias aos mozos na Praza do Correxidor.

17/7/08

A Catedral

Catedral
Fotografía facilitada por Francisco Javier García Bueso http://fjgbueso.blogspot.com/
O comentario en canto poida, perdón.

A saga dos Salgado

Salgados.
No xardin do Posio o ano 63

" Bernardo Alfageme" Conservas Miau

Sardiñas, mexillóns, anchoas, bonito, conservas de antes; nunca entenderei porqué teño a sensación de que hoxe non teñen o sabor que recordas de cando eras neno.

14/7/08

Acea do Cachon

Acea.
Fotografía da Web, www.rios-galegos.com
Acea, ou muíño de auga, no Miño, antigamente, para aproveitar a enerxía da auga, instalábanse estas pequenas presas, que reconducían a auga a unha roda, para que proporcionase a forza necesaria para mover a moa; ao longo do Miño, e en xeral dos ríos Ourensáns, houbo gran cantidade delas, hoxe desafortunadamente cóntanse cos dedos dunha man, se seica o turismo rural esta recuperando algunha destas xoias.
O da foto en concreto, debe estar derruído debaixo da auga.

Xestor Administrativo 1880 (Diario El Trabajo)

Porque supomos que Don Aureliano era un Xestor Administrativo Colexiado, que se non iso de ventilár poderíase mal interpretar, hoxe en día se que tería moitos asuntos oficiais e particulares que "ventilar".

Revista "nós"

Pendente

11/7/08

"As Burgas"


Xornal dominical escrito en galego.
Nado o 23 de Natal (decembro) do 1894, desaparece no segundo semestre do 1895.
Director, Santiago Álvarez Nóvoa.
Colaboradores: Francisco Álvarez Nóvoa, (dirixiu despois varios xornais ourensans) Heraclio Pérez Placer, Filomena Dato Muruais, Juan Barcia Caballero, M. Curros Enríquez, Santiago Álvarez, Xesús Rodríguez López, Benito Losada, etc.
Edítase na imprenta "El Derecho".
Publicación rexionalista.

Grupo Escolar nº 1

Jardin

Arquivo Irmáns Maristas
O edificio do portalón, coas galerías na primeira planta, foi o grupo escolar de Ourense nº 1 ao comezo da rúa Progreso, se non me equivoco un dos seus primeiros directores, foi D. Antonio Sánchez Gonzalez, anteriormente mestre de Trasalva, esta escola foi a única graduada existente antes da República (Escola Graduada anexa), o edificio estivo en pé, ata os 70, aínda que deixo de funcionar como centro de cultura, ao ser aberto o colexio "Irmáns Villar".
Os mozos que ven na imaxe, no Posio, son alumnos dos Irmáns Maristas, nunha competición, anos 60-70.

8/7/08

"Cuevillas"

Florentino López Alonso-Cuevillas (Ourense 1886-1958)

Biografía da Web "dias das Letras Galegas"
Estudou Farmacia en Compostela e Filosofía e Letras -que non rematou- en Madrid.
Sen chegar a exercer como farmacéutico, e de volta en Ourense, comezou a traballar como funcionario da delegación da Facenda Pública.Nos anos seguintes compaxina este labor coa investigación e a política. As súas primeiras mostras literarias foron colaboracións -en castelán- de carácter sociopolítico en publicacións locais, como La Centuria ou El Miño.O seu ingreso nas Irmandades da Fala, arredor de 1918, levaríao a vencellarse ao galeguismo. Así, Cuevillas participa dous anos despois no nacemento da revista Nós, xunto a Risco e Castelao, entre outros.Nela editou o seu primeiro e máis salientable artigo, Dos nosos tempos, onde explica o significado do Grupo Nós e a súa trascencencia para a cultura galega.Xa en 1921 publicou A mansión de Aquis Querquernis, un estudo sobre a Galicia prerromana.Esta predilección pola arqueoloxía levouno a dirixir a sección de Prehistoria do Seminario de Estudos Galegos, no que ingresou en 1924.No seo da institución desenvolveu numerosos estudos, promoveu a creación do Catálogo dos castros galegos e contribuíu ao uso da nosa lingua.Estas actividades quedarían truncadas en 1936, co comezo da guerra civil.Tras a contenda seguiu publicando os resultados das súas investigacións. É o caso de La civilización céltica en Galicia, de 1953.Cuevillas faleceu en Ourense en 1958 dous anos despois de se retirar.
De xeito póstumo saíu do prelo en 1962 Prosas galegas, 1920-1958, unha obra que compila os seus artigos de carácter literario e ensaístico.A súa produción no eido da investigación foi difundida a través de publicacións como Nós, os Arquivos do SEG, o Boletín da Comisión Provincial de Monumentos de Ourense ou os Cuadernos de Estudios Gallegos.
Na segunda fotografía, con V. Risco nunha visita a San Cibrán de Las (da web Ourensanía)

7/7/08

Aldraba na Praza do Ferro (O pé da Ferraxería LLamas)

Dúas das aldrabas mais antigas e traballadas da cidade, están na Praza do Ferro, a que xa coñecedes da casa do Seiscento "Boan" e esta que está á beira do actual "Lizarran".
Por se a alguén lle estraña o da "Ferraxería LLamas, na Praza do Ferro, actualmente segue aberta na Rúa Progreso unha sucursal daquela, pero a orixinal era a da Praza do Ferro.

5/7/08

Almacenes "Alfredo Romero"


Autos na Rúa Vigo-Villacastín

Como se pode ver nesta fotografía, a xente da época non vivía tan mal, simplemente había pequenas diferenzas, no canto de dous cabalos, tiñan coches dous bois, a dúbida que me asalta, é se era o vehículo do transporte de equipaxes do "Roma", o transportista de COFANO, que traía os medicamentos á Farmacia Fabrega, un provedor da Ferraxería Arean, ou o coche oficial do Presidente da Deputación do momento.
Se alguén o sabe que mo aclare.
Segundo dime un coñecido, posiblemente acabasen de cambiarlle as rodas no González, e a verdade é que se che fixas, as rodas son de paquete

4/7/08

O "Chalet" dos Irmáns Maristas

Chalet
No seu retorno á cidade o ano 54, os irmáns Maristas, logo de varias vicisitudes, compraron unha leira na rúa Bedoya, a primeira edificación que alí se fixo, á espera da construción do colexio, foi unha pequena casa, que servía de residencia dos irmáns, as clases seguían impartíndoas na avenida de Pontevedra ata o ano 58, catro veces ao día facían o percorrido pola rúa de Santo Domingo, para moitos dos alumnos era unha prolongación da xornada académica, acompañaban aos irmáns no seu traxecto, e falaban con eles de forma mais cordial e familiar que nas aulas, hoxe aínda queda algún irmán que o recorda.
Esa casa desapareceu ao redor dos anos 70

As Animas (conto de Xulio Borrajo)

Antes de empezar a lelo, tede en conta que esta escrito no galego, que de verdade se falaba nos anos 20 e 30, notaredes algunhas diferenzas, co actual, pero queda claro que non é un galego incorrecto, segundo os galeguistas de hoxe en día esta sen evolucionar, pero é correcto.
"O entrar na igresia Pepiño, o Mil Homes, o día de jueves santo, viu na porta unha mesa, e por riba d´ela unha bandexa moi grande toda chea de diñeiro. Arredor d´a mesa había tres mozas que fendian, de bonitas qu´eran. Ollando pro´s cartos, preguntoulle a unha d´elas: ¿Quéresme decir, guapiña, pra que e toda esa moeda? - Y´ela, de bulra, contestoulle: - Por cada real que bote un creyente sai unha y´alma pecadora d´o purgatorio. Enton il, con moita arrogancia, meteu a man na bulsa, sacou un peso todo relucente, e tirandoo na bandexa dixo: - Pois enton que salian todas esas, Unha vez que cumpriu Pepiño no tempro todos os seus deberes relixiosos, encarouse co a rapaza, e dixolle: -¿ Sairon xa as almas d´o purgatorio, xoyiña? - Si señor, xa sairon - respondeu ela - Enton il colleu o peso, qu´estaba como unha mosca no leite y´esclamou: - ¡¡¡ Pois moi parvas teñen que ser si volven outra vez !!!."

2/7/08

"Vicente Risco"

Vicente María Agustín Gerónimo Martínez Risco y Agüero (1884 -1963)

A verdade, é que me falta tempo, queixáronseme de que faltan moitos "Ourensáns", ha falta de biografía , colgo a de bigrafiasyvidas.com e unhas fotos de Don Vicente Risco. (En calquera momento procurarei mellorar a entrada (perdón)).


Caricaturas de varios autores (Xocas entre eles)

Escritor español en linguas galega e castelá.

É un dos creadores da prosa galega moderna.

Fundou a revista Nos (1920), que orientou a vida cultural galega ata 1936.

Dos seus ensaios sobre historia, política e cultura galegas, cabe mencionar

Teoría do nacionalismo galego (1920),

O problema político de Galicia (1930) e a súa

Historia de Galicia (1952).

Da súa obra narrativa en lingua galega sobresaen as novelas

O coto (1925),

O porco de pé (1928) e, en castelán,

A porta de palla (1953).