Consejos y avisos

Este viernes dia 15 y hasta el dia 8 de enero comienza el periodo navideño en OurensenoTempo y Ovrense. Durante esos días al margen de alguna posible sorpresa, solamente tendréis las publicaciones en el diario La Región (los sábados) y el primer domingo de enero en el suplemento Gente Mayor, así como mi colaboración habitual en el especial Nochebuena.
A TODOS MIS AMIGOS Y LECTORES
FELIZ NAVIDAD

Mail ourensenotempo@hotmail.com

20/4/08

La Zarpa 1921

Publicado por D. Basilio Álvarez. (O Abade de Beiro)
Basilio Álvarez foi unha das figuras máis descatadas do movemento agrario galego.
Naceu en 1877 na cidade de Ourense, onde vivíu ata o momento do inicio da súa carreira eclesíastica, a cal foi cursada no Seminario Conciliar de San Fernando.
Nesa epoca 1900 fai a sua primeira publicación "La Galerna", revista eclesiastica.
Tras unha breve estancia de dous anos en Madrid, volta a Galiza en 1910 para facerse cargo da parroquia de Beiro (Ourense), o cal lle valeu o sobrenome de "o cura de Beiro".
En 1909 asume a dirección da revista Galicia.
Formou parte (como Manuel Portela Valladares
ou Alfredo Vicenti) do grupo de intelectuais e políticos residentes na capital do Estado que se reunían para debater sobre os problemas de Galiza, grupo que constitúe as orixes de Acción Gallega (1910). Precisamente, el será un dos fundadores desta asociación agraria. Mais a súa actividade política e o seu claro posicionamento a favor dos labregos non foi visto con bos ollos por parte do bispado, o cal lle custou a perda da súa parroquia. Desde ese momento, abandona a Igrexa e comeza a vivir da avogacía, sen abandonar a causa agrarista. De feito, foi determinante para que Ramón Cabanillas (autor do himno de Acción Gallega) iniciase a colaborar co movemento agrario.
No 1921 empeza a publicación de "La Zarpa", de xeito ocasional tivo problemas coa censura no 26 ca ditadura de Primo de Rivera e temporalmente trocou o nome polo de "El Agro". (xa ampliarei)
En 1931
, coa instauración da Segunda República, consegue ser deputado nas Cortes Constituíntes. Mais o golpe de Estado de Francisco Franco e o estalido da Guerra Civil (1936 - 1939) obrígano a se exiliar a América (Cuba nun primeiro momento, os Estados Unidos despois).
Basilio Álvarez morreu nos Estados Unidos
no ano 1943. (Wikipedia)

No hay comentarios: