Consejos y avisos

20/4/08

El Eco del Liceo 1870


Empezou a súa publicación o ano 1870, o primeiro número viu a luz o 1 de Abril.
O seu fin era meramente cultural (Literaria e Científica).
Tense constancia da existencia de 26 números.
Segundo D. José Adrio Menéndez
"Tirábase na imprenta de Moldes mediante o pago de 620 reais ao mes, pero xulgándose excesivo o desembolso, cesou a publicación en 2 de Outubro seguinte".
A existencia dun número con portada do 8 de Outubro, e o que na última páxina figure a anotación:
Imprenta de D. Francisco Paz
C/San Miguel 16 A
Contradice minimamente a afirmación do Sr. Menéndez en canto á data de peche, aínda que é posible que a Imprenta fose coñecida por "Moldes", co cal sería verídica a súa afirmación nese sentido.
(13-11-08) * Según da última información fixeronse os primeiros numeros na Imprenta "Moldes", e despois foron obra de Don Francisco Paz, co cal querolle devolver o creto, o Sr. Adrio Menéndez, e pedir desculpas polo erro.

No hay comentarios: