Consejos y avisos

17/3/08

Estrada Villacastín - Vigo ~

Reeditada, 05-04-2010
Rua do Progreso 1962 General Franco
Esta era "a miña rúa", así a chamaba, quizais porque vivín nela os primeiros catorce anos da miña vida (e iso desenvolve o espírito de propietario), o territorio estaba delimitado, e só podíase circular libremente pola Alameda, sempre e con coidado de que non nos visen, podiamos chegar ata "As Burgas", os pais da época, advertíannos -coidado cos coches-, e é que xa empezaban a circular como tolos, saias da casa, e un seiscentos a fume de carozo, adiantaba ao carrito que ía cara "O Posio".
Á dereita vemos o Obispado, antigo Seminario Conciliar, e á esquerda o edificio de Correos, anteriormente ese solar foi ocupado polo hospital de San Roque, (do antigo edificio non se conserva nada nesa localización, fago a aclaración porque se existe a antiga entrada do hospital, pero foi trasladada e forma parte dunha das entradas da Igrexa de "A Santisima Trinidade").


A continuación de correos e cruzando Parada Justel, estaba o restaurante "A Regidora", (onde Xosé Ramón servía o seu viño galardoado no concurso de cata do Ribeiro, e A Roxiña e mais o seu dono agarimaban os comensales), o seu carón o estudio de "Foto Sanjurjo" (no segundo andar dese edificio tiña a sua oficiña de seguros D. Aser), despois iba a ferreteria "Anta", e un pouquiño mais adiante "O Fornos", (onde dona Carmen cociñaba autenticas delicias e preparaba banquetes todos os fins de semana).

Mais atras vese a construccion do edificio dos "Dieguez" (un dos mais altos da epoca), a carón dese edificio tiña o seu comercio "Avance", Olegario, home emprendedor que tivo a boa idea de ofrecer na epoca das rebaixas a sua mercancia, camisas, chaquetas, pantalóns etc, a troco de ovos, pitas o coellos, (mercancías que durante uns días formaban parte do escaparate, chamabao: "Coñitas e puñeteras Rebajas"). Moitos anos antes estivo alí un dos primeiros surtidores de gasolina da cidade.
Desta ubicación porei mais fotografias (nas que se ven modificacions puntuais), e ampliarei os comentarios, dado que e unha dás zonas que menos ten mudado no tempo, con todo sempre foi un punto neuralxico da cidade.

No hay comentarios: